|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| INFORME DE GREENPEACE |
Axudas millonarias para a pesca industrial e desmantelamento da de
baixura
O goberno español subvencionou entre 2000 e
2007 a pesca industrial galega con 619 millóns de euros. Mentres,
esqueceuse da pesca artesanal. © Greenpeace 2010 Nos sete anos comprendidos entre 2000 e 2007, o Ministerio de Pesca
subvencionou os armadores de buques con base en Galiza cun total de 619
millóns de euros. Esta cantidade foi a máis elevada de todo o Estado
Español, se a comparamos por comunidades autónomas, como se corresponde
coa flota máis numerosa: en Galiza hai censados un total de 5.225 barcos
(no Estado Español a cifra elévase a 11.254).
Porén, a totalidade destas axudas foron a parar a embarcacións de alta
tonelaxe, é dicir, as que se adican á pesca de altura nos caladoiros da
Unión Europea (dende Gran Sol até o Atlántico Nordeste) e a de gran
altura (nas augas internacionais dos océanos Atlántico, Indico e
Pacífico). Así o desvela o informe “A pesca en España: unha lección non
aprendida” do colectivo ecoloxista Greenpeace,
que estes días está a ser presentado en Galiza coincidindo coa
celebración da Conferencia sobre a Reforma da Política Pesqueira Común
(que se celebrará na Coruña a próxima semana) e coa reunión de Ministros
de Pesca da Unión Europea (que terá lugar en Vigo).
Pola contra,
ningunha destas axudas millonarias (ver cadro) foi parar a algunha
embarcación de baixura (aquelas que teñen menos de 12 metros de eslora e
que faenan no noso litoral. Este dato contrasta coa relevancia desta
flota, xa que supón o 87% de todas as embarcacións censadas en Galiza
(son uns 4.549 barcos). As cifras demostran así que as actuais políticas
pesqueiras, tanto da Unión Europea (UE) como do goberno español, están a
favorecer as grandes flotas industriais en detrimento da pesca
artesanal e local, malia o seu peso estratéxico tanto no propio sector
como no territorio galego.
A pesca de baixura, xera máis
emprego e é máis sustentábel En materia de emprego, a flota
industrial (que en Galiza supón o 13% da flota e o 87% das capturas) dá
traballo no Estado Español a preto de dous milleiros de persoas.
Mentres, a de baixura, emprega a máis de 30 mil persoas. A isto
engádense outros factores como a propia sustentabilidade ambiental: a
pesca local enmárcase, por definición, dentro dun modelo de xestión
sostíbel dos recursos mariños: contamina menos, esquilma menos os mares e
xera menos capturas.
Porén, as únicas subvencións que están a
recibir por parte do Estado, que xestiona as axudas europeas adícanse ao
seu desmantelamento. O goberno español fomenta a desaparición da pesca
artesanal, financiando con fondos públicos o desmantelamento destas
embarcacións, mentres apoia a construción e mellora dos grandes barcos.
Para demostralo, un dato que achega Greenpeace: entre 2002 e 2006, o
Estado Español recibiu 1.600 millóns de euros da UE, que se empregaron
nun 90% para desmantelar barcos de baixura. Aínda máis, das 53
embarcacións que recibiron axudas no Estado Español, só tres tiñan unha
eslora menor a 25 metros.
Neste contexto, Greenpeace realiza unha
serie de recomendacións ao goberno español para que, aproveitando a
presidencia de quenda da Unión Europea, impulse medidas destinadas a
unha xestión efectiva e sostíbel dos recursos mariños. Piden a
eliminación da sobreexplotación, a mellora das técnicas pesqueiras para
recuperar stocks, limitar as capturas atendendo a recomendacións
científicas, a promoción e o apoio á creación de reservas mariñas, a
limitación de acceso a recursos e axudas só a aqueles países de cumpran a
normativa, ou promover a transparencia na xestión dos produtos
pesqueiros dende a súa captura até o consumo final.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"INFORME DE GREENPEACE" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|