NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 21 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Mar consensúa co sector a veda do polbo

PHP-NukeA Consellería do Mar concedeu, tal e como lle solicitou o sector, unha veda para o polbo que comezará o 28 de maio ás 16:00 horas e se estenderá ata o 5 de xullo ás 7:00 horas. Así o consensuou o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, co presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González, cos presidentes das tres federacións provinciais e con representantes do sector no transcurso dunha xuntanza mantida hoxe.

Fernández Asensio recalcou que a veda, tal e como conclúen informes técnicos “non resulta eficaz por si soa” e para a obtención de resultados positivos “debe ir acompañada doutras medidas”. Así, subliñou que aspectos como a redución de dúas horas no horario de traballo, o cómputo diario, o mantemento dun quilo na talla mínima e os topes de capturas, recollidos no plan de explotación, teñen como obxectivo garantir a conservación, protección e rexeneración desta especie.

Cambio de horario e dos topes

O cambio de horario foi outra das cuestións que se consensuaron co sector na reunión de hoxe, de xeito que, a partir do 5 de xullo será de 7:00 a 17:00 horas (na actualidade é de 6:00 a 16:00 horas).Respecto dos topes, o director xeral aceptou a proposta do sector de aumentar ata os 210 quilos o tope diario para as embarcacións de 6 tripulantes e ata os 350 quilos na campaña de inverno. Estes novos topes e horarios comezarán a aplicarse unha vez que estea modificada a Orde do Plan Xeral de Explotación Marisqueira.Cabe lembrar que na actualidade o Plan de explotación acorda un tope diario de 30 quilos por embarcación e 30 quilos máis por cada tripulante a bordo (ata un máximo de 180 quilogramos por día) dende o 1 de maio ao 30 de outubro. No resto da campaña as cotas máximas de capturas son de 50 quilos por embarcación ao que se engadirán 50 quilos por cada tripulante a bordo (ata un máximo de 300 quilos por día).

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Mar consensúa co sector a veda do polbo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos