AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 51 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A reforma do voto emigrante

PHP-NukeUn artigo de Xavier Carro, Deputado do PSdeG, publicado no Xornal de Galicia.

"
As irregularidades no exercicio do voto dos españois no exterior poñen de manifesto a necesidade de reformar os procedementos e incluso o mesmo dereito ó voto dun colectivo que medra a un ritmo superior á poboación residente. Pero isto non nos pode levar a recortar dereitos civís ós nosos parentes da diáspora sen pararnos a reflexionar sobre o significado deste feito. En Cedeira, o meu pobo, hai tres escolas construídas nos anos vinte do século pasado polas sociedades cedeiresas na Habana. Nunha delas aprendín a ler e a vivir e invádeme un sentimento de gratitude para aqueles que se foron e non nos esqueceron, en tempos nos que aló se estaba mellor que aquí. Quizais por isto non son capaz de sentirme orgulloso de corresponder ós seus netos, que son os meus primos, que teñen aínda propiedades e dereitos de herdanzas en Galicia, retirándolles o dereito ó voto.

Parece como se todos os votos que veñen de fóra estiveran suxeitos a sospeita, pero pola contra, non nos alarmamos cando o PP organiza o carrexo de votantes elección tras elección ó longo de toda Galicia, acaso estes votos son menos fraudulentos que aqueles? Pois ben, nin uns nin outros, debemos modificar os procedementos de voto no exterior para garantir o exercicio persoal, intransferible e libre deste dereito, sexa ou non en furna, xa que hai recursos e técnicas suficientes para garantir a calidade democrática do proceso, fágase. Pero resolto isto, deben ter dereito ó voto os cidadáns con nacionalidade española que residen no exterior? Depende, ou dito doutro xeito, si en determinadas circunstancias, concretamente en atención á súa condición de ser suxeitos de dereitos, servizos e prestacións que emanan de decisións das distintas administracións públicas. Baixo esta lóxica non parece razoable que voten nas eleccións municipais, xa que dende os concellos nada se decide en relación a este colectivo de cidadáns. Pero si dende a Xunta de Galicia ou dende o Goberno do Estado. Recentemente, o presidente Feijóo tomou a decisión de pechar a delegación galega en Bos Aires. Na lexislatura anterior o Goberno de Zapatero aprobou o Estatuto dos Españois Residentes no Exterior. Á vista disto, parece lóxico que estando afectados polas decisións políticas dos gobernos e parlamentos galego e estatal teñan dereito a decidir sobre a composición de ámbalas dúas cámaras. Podemos discutir en que proporción ou de que xeito, pode ser nunha circunscrición específica ou non, podemos asinarlles un número de escanos como a unha provincia ou non, pero debemos ter claro que votan para decidir, que ese é o seu dereito, tan lexítimo como o meu. Finalmente penso que temos unha débeda pendente coa nosa diáspora e con nós mesmos, nunca fomos capaces de crear, de tecer unha verdadeira rede de complicidades entre a nosa emigración e os intereses de Galicia. Temos galegos en todo o mundo e moitos deles forman parte de gobernos e dominan sectores produtivos e financeiros en países como México, Arxentina, Uruguai, Venezuela, etc., e en vez de traballar para constituír unha comunidade potente, estamos falando de retirarlles o voto. Que ben nos viría ter un lobby galego que nos axudara neste momento de crise, por exemplo comprando R en vez de darlla ós británicos."
Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A reforma do voto emigrante" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos