|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O BNG acusa a PP e PSdeG |
A pouco máis dun ano das eleccións municipais, o debate sobre os votos
que chegan do exterior volve coller forza. A última polémica ten que ver
coa suposta marcha atrás dos dous grandes partidos estatais (PSOE e PP)
que tiñan un principio de acordo para que a nova lei electoral vetase o
voto dos emigrantes en comicios locais e autonómicos.
Diante disto, o BNG abriu unha nova fronte de batalla para presionar
diante da opinión pública a socialistas e 'populares'. O seu voceiro
nacional, Guillerme Vázquez, asegurou en Cangas que “estamos diante
dunha actitude de vacilación por parte do PP e PSOE que non sei se ten
máis a ver con seguir intentando usar fraudulentamente este voto que con
darlle unha solución racional a esta cuestión”.
O voceiro
nacionalista no Parlamento, Carlos Aymerich, coincidiu con Vázquez ao
sinalar que “non haberá diñeiro para os servizos sociais, pero xa
veremos que para viaxar a Arxentina e Uruguai o ano que vén si o
haberá”. Aymerich fixo unha aposta na cámara a que nas vindeiras
eleccións municipais o voto emigrante seguirá a chegar sen garantías.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O BNG acusa a PP e PSdeG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|