|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O 012 centralizará o permiso de queimas e outros servizos do teléf |
Na liña de ofrecer un servizo de calidade e eficaz con criterios de
maior racionalidade, a Xunta coordinará no teléfono 012 as funcións que
ata o momento se viñan prestando a través do teléfono 902.112.000 do
C.I.A.G. (Centro de Información ao Agro Galego). Fundamentalmente, a
través deste número xestionábanse permisos para queimas controladas,
ademais de outros asuntos vinculados á sanidade animal.
Trátase dunha medida que busca unha maior racionalización dos
servizos a través da centralización de recursos, que EN ABSOLUTO SUPÓN
UN CAMBIO PARA O USUARIO, que poderá seguir marcando o número que xa
coñece, sen que varíe o servizo prestado. Ata o de agora, o teléfono do CIAG viña sendo atendido, por encomenda
específica, pola empresa pública SEAGA (Servizos Agrarios de Galicia),
que finaliza a encomenda nestes días. É posible que durante o cambio
telemático entre unha sede e outra poidan producirse pequenas
disfuncións, que serán corrixidas de inmediato, coa fin de garantir a
prestación dun servizo eficaz, rápido e cómodo.
Calidade A decisión da Xunta respecto da unificación de
servizos responde, ademais de a criterios de racionalización, á máxima
da austeridade económica, por canto a medio prazo boa parte dos servizos
que estaba a prestar o teléfono do CIAG poderán ser optimizados, e así
ofrecidos directamente a través do 012, sen que en ningún caso se
resinta a calidade do servizo. Esta última filosofía é a que marcará
sempre o norte de calquera cambio que se realice no futuro, como xa o
foi na modificación indicada.
Link: MedioRuralOnLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O 012 centralizará o permiso de queimas e outros servizos do teléf" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|