|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Táboas pedirá na Cámara a retirada do Plan do Litoral |
O grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Teresa Táboas,
levará á Cámara a retirada do Plan de Ordenación do Litoral para iniciar
unha redacción nova do mesmo que se axuste á “realidade galega, estea
ben ideado e ben realizado tecnicamente”.
Táboas rexistrou unha proposición non de lei neste sentido,
reclamando tamén que o novo texto sexa ponderado e equitativo, toda vez
que tal e como se está tramitando nestes momentos dende a Consellaría de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é un documento ineficaz e
falto de rigor que aplica criterios arbitrarios polos que se beneficia a
uns en detrimento de outros.
Neste sentido, a deputada nacionalista advirte de que é un documento
“proteccionista” coas desfeitas realizadas durante os últimos anos e,
sen embargo, é claramente permisivo con actuacións que colisionan co
litoral, como poden ser certas industrias ou as instalacións acuícolas.
Para a parlamentar, a chamada “Mellora Ambiental Paisaxística” que
supostamente recolle, é outra eiva máis do texto en tramitación, xa que
parte do descoñecemento absoluto de como foi ocupado o litoral galego
secularmente, a carón do mar en moitas áreas.
“Resolver como un todo unha franxa costera complexa, que require dun
estudo feito polo miúdo, carece porén de todo rigor conceptual”, engade
Táboas.
A deputada nacionalista considera que outra boa proba da falta de
criterio e planificación “á que nos ten acostumado este goberno” é a
ampliación do prazo de información do texto perante as corporacións
locais, que remataba o pasado 10 de Marzo e que tivo que prolongarse até
o 3 de Maio porque dada a trascendencia do Plan era un tempo claramente
insuficiente.
Link: BNG Galiza
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Táboas pedirá na Cámara a retirada do Plan do Litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|