NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 96 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Emprego municipal

PHP-NukeBASES DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A DE BATUKA E ACTIVIDADES AERÓBICAS

1. - OBXECTO DA CONVOCATORIA. -

O obxecto da convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante “contrato para obra ou servizo determinado (ET art.15.1.a; RD 2720/1998 art.2)”; para as actividades subvencionadas pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña ao abeiro da Convocatoria de programas de apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras entidades locais para actividades e investimentos durante o ano 2009, publicada no B.O.P. núm. 299 de data 30 de decembro de 2008:

Un monitor/a para impartir cursos de batuka e actividades aérobicas. Xornada laboral de 16 horas semanais (42,67 %), nos locais ou instalacións designados polo Concello de Cedeira, incluídos os das asociacións de veciños.

2. - DURACIÓN DOS CONTRATOS. -

Dendo o día da sinatura do contrato, previsiblemente o día 6 de abril de 2010, ata o día 27 de agosto de 2010.

3. - RETRIBUCIÓNS. -

As retribucións serán as que figuran na “Táboa salarial do persoal laboral do Concello de Cedeira” para o exercicio 2010, para “ peóns, limpadoras...e outros non titulados”.



4. - SISTEMA DE PROVISIÓN. -

Concurso- Oposición.

5. - XORNADA LABORAL. -

Monitor/a de batuka e actividades aérobicas 16 horas semanais (42,67 % da xornada).

6. - REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

A).- Ser de nacionalidade española ou nacional dos demais Estados membros da Unión Europea. A tal efecto e en cumprimento do regulado no artigo 57 da LEY 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, terán a mesma consideración, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxugue dos españois e demais nacionais de outros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estén separados de dereito e aos seus descendentes e aos do seu cónxugue sempre que non estén separados de dereito, sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes.

Poderán acceder en igualdade de condicións os extranxeiros con residencia legal en España.

B).-Ter cumpridos os 16 anos de idade.

C).-Non se esixirá titulación específica.

D).-Non ter enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha minusvalidez deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación para realizar as probas. A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditásense con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servizos Sociais.

E).-Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

F).-Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo da Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou das Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os anteriores requisitos deberán reunirse con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar destes ata a toma de posesión, sendo nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

7. - PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello de Cedeira no prazo de 10 días naturais, dende o seguinte ao da súa publicación no B.O.P.

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do DNI e da documentación acreditativa dos méritos alegados, os cales serán obxecto de compulsa no Rexistro de Entrada de Documentos.

8. - COMISIÓN SELECCIONADORA.

A comisión seleccionadora estará formada por un presidente, un secretario e tres vocais empregados públicos fixos de plantilla de calquera Administración que serán nomeados por Resolución de Alcaldía.

9. - CRITERIOS DE SELECCIÓN

Concurso:

a) Ter prestados servizos na Administración Pública en postos de natureza análoga: 0,5 puntos por mes ata un máximo de 5 puntos.

b) Por cursos realizados relacionados coas tarefas a realizar: 0,5 puntos por curso ata un máximo de 2 puntos.

c) Por estar en posesión do titulo de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas, equivalente ou superior: 3 puntos.

Oposición:

Consistirá na realización dun examen por escrito dun máximo de 10 preguntas a determinar por parte da Comisión Seleccionadora relacionadas co traballo a realizar e a aptitude do traballador, que pode a petición da comisión seleccionadora ter que ser leído por parte dos candidatos

A puntuación máxima da fase oposición será de 15 puntos.

10. - SUBSTITUCIÓNS E RENUNCIAS.

No caso de renuncias á formalización do contrato ou sobrevidas con posterioridade á devandita formalización, procederase a designar os aspirantes por orde de puntuación obtida na selección sen necesidade dunha nova selección, formalizando o novo contrato polo prazo que quede para finalizar a contratación inicial.

11. - PUBLICIDADE.

A publicidade de todos os actos relativos a este procedemento realizarase mediante edictos que se exporán no taboleiro de edictos e de anuncios do Concello de Cedeira.

12. - RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.

En todo o non previsto expresamente nas presentes bases, serán de aplicación as Bases Xerais para a contratación de persoal laboral temporal do Concello de Cedeira, aprobadas na sesión plenaria do día 17 de abril de 1997, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 110, do 15 de maio de 1997, o Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Lei 7/2007 e demais normas de aplicación.

Cedeira, 14 de abril de 2010.

O ALCALDE,

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey



Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Emprego municipal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos