- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 QUEREMOS GALEGO! EN BRUXELAS

ColaboradoresAnonimo escribió "
QUEREMOS GALEGO! EN BRUXELAS

Europa interésase pola situación
 
Queremos Galego denuncia en Bruxelas o 'desmantelamento' do galego por parte do PP

Concluíu a visita de dous días que unha delegación de Queremos Galego realizou en Bruxelas para denunciar e informar diante de diferentes instancias da UE, a UNESCO, o Consello e o Parlamento europeo, sobre as políticas activas de 'desmantelamento' da lingua galega por parte do actual executivo de Alberto Núñez Feixóo.

        
Queremos Galego evidenciou na viaxe como as medidas iniciadas pola Xunta “agreden frontalmente” a lexislación vixente en materia de normalización da lingua propia, incluíndo tratados internacionais de obrigado cmprimento para o Estado español como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) ou comprisos como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, asumida como propia pola UNESCO.

A delegación de Queremos Galego desprazada a Bruxelas, integrada por Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino) e Bieito Lobeira (portavoz de Lingua do BNG), compareceu esta mañá en conferencia de imprensa na sede do Parlamento europeo na cidade flamenga, acompañada pola representante do BNG na eurocámara Ana Miranda e polos deputados do Grupo Parlamentario Verde-Alianza Libre Europea (ALE) Oriol Junqueras, catalán, e François Alfonsi, de Córsega, que quixeron así manifestar o seu apoio á plataforma cidadá e ás súas reivindicacións.




“Uso espúreo do plurilingüismo”

Na conferencia de imprensa, os representantes de Queremos Galego subliñaron que o concepto de “plurilingüismo” promovido desde as diferentes institucións comunitarias como un dos principios da UE “nada ten a ver co uso espúreo” que do mesmo fai o goberno da Xunta de Galiza. Así, sinalaron que o Goberno galego usa o concepto “mesmo para denominar cinicamente normas regresivas como o decretazo contra o galego no ensino, que camiñan na dirección oposta aos obxectivos fixados polo Comité de expertos do Consello de Europa” encargado da avaliación do grao de cmprimento da Carta europea das linguas nos territorios do Estado español que posúen linguas propias.

Segundo se avaliou nos diferentes encontros mantidos pola delegación de Queremos Galego, tanto con representantes do Gabinete da Comisaria europea de Educación, Cultura e Multilingüismo Androulla Vassilliou como con diferentes deputadas e deputados do Grupo dos Verdes-ALE e doutros grupos parlamentarios, “a vulneración da lexislación e a negación de dereitos lingüísticos para a comunidade lingüística galega supón a conculcación de dereitos fundamentais garantidos en todo o espazo da Unión Europea”.
Interese das institucións europeas
Os representantes da plataforma cidadá contraria ás políticas lingüísticas regresivas do goberno de Núñez Feixóo salientaron o interese das diferentes instancias por teren información “periódica e precisa” sobre a evolución da política lingüística no país, tanto no referido ao ensino como a outros sectores, na liña do proposto na Iniciativa Popular pola garantía dos dereitos lingüísticos que promove Queremos Galego e como tamén recolle o último informe do Comité de expertos do Consello de Europa referido á Carta europea das linguas.

Xa ao mediodía, Carlos Callón, Anxo Louzao e Bieito Lobeira participaron da reunión especial sobre o caso do galego convocada polo Intergrupo das Minorías, Comunidades Nacionais e Linguas, que co-preside o eurodeputado do Grupo Liberal e Demócrata Carl Hanglund e no que participan deputadas e deputados dos diferentes grupos con representación parlamentaria. Unha reunión “histórica”, en opinión de Queremos Galego.

A delegación da plataforma tivo tamén tempo, así mesmo, para se reunir, nun encontro aberto celebrado na tarde de onte na Libraría galego-portuguesa Orféu de Bruxelas, coa comunidade galega residente na cidade, grazas á colaboración da Asociación Cultural Couto Mixto. O concorrido acto serviu para que os representantes de Queremos Galego agradecesen o “apoio entusiasta” que en Bruxelas –e tamén noutros puntos da emigración por todo o mundo– tiveron até o momento e seguen a ter as iniciativas e campañas en favor do galego e mais para constatar “a fonda preocupación” que causa na comunidade galega no exterior a “agresiva política destrutiva contra a nosa lingua e a nosa cultura” impulsada polo goberno da Xunta.

http://www.anosaterra.org/nova/44193/queremos-galego-denuncia-en-bruxelas-o-desmantelamento-do-galego-por-parte-do-pp.html

"



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Colaboradores
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre Colaboradores:
Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

Colaboradores

"QUEREMOS GALEGO! EN BRUXELAS" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.27 Segundos