AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Informe CIAIM - Afundimento do H. Landrove

PHP-NukeArmadores, sindicatos e mariñeiros coincidiron onte en esixir explicacións á Dirección Xeral da Mariña Mercante -que depende do Ministerio de Fomento- polo afundimento do pesqueiro cariñés Irmáns Landrove que se foi a pique o 8 de setembro pasado polo incmprimento da normativa sobre estabilidade, segundo o informe da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, que antonte adiantou A OPINIÓN.


© 2010 - M. Fomento
Informe : preme aquí (PDF)


"Neste caso armador e patrón era a mesma persoa, pero a responsabilidade tena como patrón, sería do armador se sacase o barco sen os permisos requiridos", explica Jesús Etchevers, presidente da Asociación provincial de armadores de buques de pesca da Coruña. Segundo a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, o naufraxio debeuse a graves incmprimentos nos criterios de estabilidade: levaba o dobre de aparellos do permitido e tiña seladas as portas de desaugadoiro da popa, entre outras irregularidades. O pesqueiro, que entrara en servizo en novembro de 2008 e afundiuse dez meses despois, tiña todos os papeis en regra, segundo a Dirección Xeral da Mariña Mercante, que onte declinou comentar o informe da comisión. "Habería que saber as causas polas que non se cmpriron esas normas, porque o barco pasou as inspeccións e se ten todos os papeis en regra, ao armador non se lle pode esixir responsabilidade algunha", engadiu Etchevers.

Os sindicatos cargan as tintas contra a Administración, e aseguran que o problema xorde no momento en que o barco supera as inspeccións. "Estou de acordo en que o armador ten unha parte de responsabilidade, pero que pasa coa Administración? Ese barco saíu de peirao, onde está o control" Esa é unha competencia exclusiva das inspeccións", explica Xabier Aboi, responsable de CIG- Mar. Aboi acusa á Administración de ser "cómplice" destes sinistros e lamenta que non se asuman responsabilidades "en todos estes casos". "Se os inspectores fosen cesados por cousas como estas, seguro que se evitaban moitos accidentes, pero nunca pasa nada", declara o sindicalista.

Os pescadores sinalan que en última instancia a decisión é do dono do barco, pero recoñecen que hai máis culpables en todo o proceso. "Tamén hai que ver por que estes barcos novos vanse ao fondo, iso implica tamén a enxeñeiros, estaleiros" Aínda que neste caso si houbo imprudencia á hora de cargar o barco, a responsabilidade é do armador" afirma Benito González, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, quen sinala que a lexislación europea debería ser máis estrita coas esixencias de estabilidade dos barcos. "É un pouco culpa de todos, moitas veces confiámonos e pasan estas cousas", admite.

Link: ODCONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Informe CIAIM - Afundimento do H. Landrove" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos