- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 76 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Senda peonil do río Condomiñas

PHP-NukeO xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, visitou onte a vila cedeirense acompañado do responsable técnico do organismo, Carlos Gil, para supervisar o desenvolvemento das obras da senda peonil do río Condomiñas e o estado da praia da Magdalena.

En canto aos traballos do camiño, que comprobaron en compañía do alcalde, José Luís Vergara, todo marcha a bo ritmo e espérase que estean listos a mediados do mes de xuño, segundo confirmaron desde Costas. Durante o percorrido, o alcalde solicitou ao máximo responsable da Demarcación que continuase coa mellora da contorna do río Condomiñas pola marxe esquerda, xa que se trataría dunha intervención menor á ao lado dereito e posibilitaría á xente facer a ruta de ida e volta por ambas as marxes. Rafael Eimil accedeu á petición do rexedor cedeirense e comprometeuse a separar unha nova partida económica para continuar a revalorización deste espazo natural cedeirense.


Aínda que a senda peonil estaba orzada inicialmente nuns 120.000 euros, a condición do terreo -humidal- obrigou a utilizar máis material do previsto o que encareceu a obra uns 40.000 euros máis. A esta cantidade haberá que sumar tamén a continuidade da seda pola marxe esquerda, cuxo custo estimar que non superará os 60.000 euros, como se anunciou desde o consistorio.

Esta nova intervención, considerada branda, contempla o peche das leiras lindeiras de forma que se delimite o terreo público do privado, ademais de arranxar canalizacións.

Proxecto maior

O alcalde de Cedeira mostrouse moi agradecido coa Demarcación de Costas polo seu apoio e destacou especialmente o traballo que realiza Rafael Eimil á fronte do organismo estatal. Así mesmo, recordou que Medio Ambiente estuda, a petición de Costas, acometer un proxecto de maior embergadura na zona -entre a ponte de madeira e o da Acea-, dentro do cal estaría a recuperación da senda. A actuación, valorada en 2,5 millóns de euros, comprende a mellora integral do espazo.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Senda peonil do río Condomiñas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.41 Segundos