- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Artistas con Haití, subasta de arte a favor dos damnificados

PHP-NukeNumerosas foron estes últimos meses as accións solidarias emprendidas por diferentes organismos locais co fin de recadar fondos para reconstruír o país caribeño de Haití sacudido o pasado 12 de xaneiro por un terremoto. A elas súmase nesta ocasión unha poxa benéfica de obras de arte. A idea ocorréuselle fai cousa dun mes ao escultor portugués Manuel Patinha -fincado desde fai anos en Narón-, quen tras ver as imaxes da catástrofe decidiu mobilizarse en favor dos damnificados. E o que en principio ía ser unha poxa de obras propias, grazas á intervención de Pedro Taboada, comisario da exposición do Porto "Pintura Ferrolá" e responsable da web www.pintoresgallegos.com quen apostou por implicar a máis xente, converteuse nun acto no participarán máis de sesenta artistas galegos.

A cita, que conta coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Cadena Cope, terá lugar este venres a partir das oito da tarde na sede da Fundación.

Alí poxaranse óleos, acuarelas e gravados cedidos por artistas galegos:

Anxo Alvarez, Beatriz Ansede Bonome, Jesús Balado Paz, Sabela Baña Roibás, Carlos Barcón Collazo, Suso Basterrechea, Manuel Bonabal Barreiro, Pedro Bueno Salto, Rosa Elvira Caamaño Fernández, Maribel Cabana Insua, Oscar Cabana Picado, Mª Carmen Calviño Iglesias, Santiago Caneda Blanco, Yolanda Carbajales Ferreiro, Josefina Carro, Manuela Castro, Avelino Castro Fernández, Daniel Caxigueiro, Carmen Chacón, Alfredo Constenla Doce, Oscar Corcino Carballo, Alfonso Costa Beiro, Felipe Criado, Jane Danko, Concha Deza, Corín Diego, Inma Doval, Pilar Feans, Rubén Fenice, Antonio Fernández López, Rosa Fernández Salanova, Manuel Gandullo, Francisco García Rey, Sara Garrote (Chuca), José González Collado, Xoan Manuel Guerreiro Vázquez, Eduardo Hermida, Angeles Jorreto, José Juncosa Rivera, Leandro Lamas Ermida, Jorge Llorca, Juan Lomarti, Siro López Lorenzo, Antonio López Rodríguez (Neiro), Xurxo Martiño, Xacobe Meléndrez Fassbender, Mercedes Molares Cabana, Manuel Nieto, Jesús Nuñez, Pilar Oujo Vidal, Lola Oviedo, Manuel Patinha, Paco Pestana, José Ramonde, Luis Rapela, Sagrario Rilo Mato, Sabela Roma, Rafael Romero, Rafael Romero Masiá, José Rubio Gascón, Mª José Santiso, Carmen Sevillano Estremera, Mary Carmen Torres, Spela Trobec, Rafael Úbeda Piñeiro, Javier Varela Guillot.

Todas as pezas partirán de cen euros aínda que moitas das obras a poxar teñen un valor maior. Os fondos recadados serán canalizados a través de Cruz Vermella, Cáritas, Acción contra o Fame e Médicos sen fronteiras. Non é a primeira vez que leva a cabo en Galicia unha acción destas características -promovéronse actos similares en Vigo e Pontevedra- pero segundo apuntou Taboada "esperamos que a xenerosidade dos ferroláns sexa equiparable á dos artistas".

Link: DFONLine - PintoresGallegos



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Artistas con Haití, subasta de arte a favor dos damnificados" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos