|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O PSdeG acusa a Xunta de “desmontar” a APLU |
A coordinadora de Territorio do PSdeG
no Parlamento, Mar Barcón, acusou este sábado a Xunta de “desmontar” a
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para “relaxar a
vixilancia urbanística en Galiza”.
A parlamentaria
socialista presentou unha serie de interpelacións na Cámara sobre o
cesamento “unilateral por parte da Xunta” do anterior director, así como
a mudanza dos estatutos e o nomeamento da nova dirección “sen o
consenso dos concellos”. A Xunta “prepara un control político
da APLU” logo do “cesamento arbitrario” do anterior director, que “foi
quen investigou e fixo posible a denuncia sobre as irresponsabilidades urbanísticas”
no Concello de Barreiros, afirma Barcón.
A socialista acusa ademais a Xunta de “desprezar” a función de
inspección, seguimento e arbitraxe da APLU, que considera “esencial para
conseguir criterios unánimes na dirección dun urbanismo sostíbel e
racional”. Por último, reclama que o Goberno explique no Parlamento “que
actuacións xurídicas mantén para restaurar a legalidade urbanística en
Barreiros”.
Interpelación de Teresa Táboas (BNG) Tamén
a deputada do BNG
Teresa Táboas interpelará o Goberno a vindeira semana para que dea
conta no Parlamento das mudanzas introducidas na APLU, tanto no que
atinxe ao seu director como ao seu cometido.
Táboas considera
que urxen estas explicacións logo dos intentos do Goberno porque estas
musdanzas pasasen practicamente desapercibidas e "ante o risco de que
supoñan un paso atrás no camiño iniciado polo bipartito de corrección e
sanción da desfeita que traía da man a burbulla inmobiliaria".
Espazos
naturais Por outra banda, a tamén deputada do PSdeG Carme
Gallego interesouse por coñecer "que proxecto de ampliación defende o
Goberno do PPdeG" para a ampliación de espazos protexidos. A socialista sinala que no
Debate do Estado da Nación, Feijoo "comprometeu a ampliación dos espazos
protexidos en Galiza nun 4%, citando erroneamente a nosa comunidade
autónoma como unha das que máis espazo protexido posuía".
Gallego
lembra que no noso país "temos ao redor dun escaso 12% dos espazos
protexidos pola Rede Natura 2000 e dentro destas, figuras como os LIC ou
as ZEPA, entre outras”, situándose “á cola das comunidades en materia
de protección de espazos naturais como nos veñen recordando
continuamente entidades públicas e privadas de toda índole, mesmo as
instancias comunitarias".
"Para chegar cando menos a ter unha
porcentaxe de espazo protexido semellante a outras comunidades
autónomas, sen que se teñan en conta as singularidades galegas,
deberiamos alcanzar unha porcentaxe de espazos protexidos entorno ao
18-20%", apuntou por último.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O PSdeG acusa a Xunta de “desmontar” a APLU" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|