- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 51 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Novo impulso cidadán a prol do futuro do naval

PHP-Nuke"En defensa do emprego. Por un sector naval con futuro. Levantamento do veto xa". Son lemas unha vez máis da plataforma Rumbo 21, que este sábado convoca en Ferrolterra unha mobilización que ten a súa principal reivindicación no levantamento do veto á construción naval civil na vella Astano.


© 2010 Vieiros


Rumbo 21 xunta a colectivos sociais diversos, sindicatos, formacións políticas e empresariais en defensa do emprego no sector naval na comarca de Ferrolterra. En datas recentes, a plataforma xa fora quen de xuntar perto de 20 mil sinaturas para a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa que convidar o Parlamento a aprobar unha declaración para instar o goberno español a renegociar coa Unión Europea o veto á construción naval civil.

Promesas incmpridas
A propia parálise da tramitación da ILP en favor do naval e o incmprimento por parte do goberno español da promesa de negociar o levantamento do veto aproveitando a presidencia de quenda na UE, son dúas das reclamacións que están presentes na mobilización deste sábado.

Durante a presentación da manifestación deste sábado Xesús Varela, voceiro de Rumbo 21, asegurou que "se está a mentir descaradamente", e recordou que ningún dos actos programados polo goberno español durante a presidencia europea estará dedicado ao sector naval. Outro integrante da asociación, Ramón Yáñez, manifestou que "Ferrol está a xogar o seu futuro", malia que "o sector naval non será importante para o ministro de Industria". Varela advertiu de que o vindeiro ano, nos meses de verán, comezarán a producirse "regulacións" nas empresas auxiliares do naval, pola falta de novos contratos no eido da construción militar. Por outra parte, desde Rumbo 21 saen ao paso de recentes polémicas asegurando que non promoven nin defenden a privatización do estaleiro de Navantia Fene e insisten en que reclaman o seu uso para a construción civil vista a súa actual infrautilización.

O estaleiro de Fene ten vetada a construción naval civil até 2015 por un compromiso adquirido polo Estado Español con Bruxelas en 2005, que lle evitou devolverlle a Europa 1.342 millóns de euros achegados polo goberno de Aznar a apoiar o sector naval e que se declararon ilegais.

A manifestación sae ás 12 horas do peirao de Curuxeiras, en Ferrol, e rematará coa lectura dun manifesto por parte do escritor e xornalista Manuel Rivas.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Novo impulso cidadán a prol do futuro do naval" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos