|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A RETIRADA DO VETO DE ASTANO |
Por XAVIER CARRO GARROTE Deputado no Congreso polo
PSdeG-PSOE
A retirada do veto sobre Astano
configúrase como un elemento cargado de simbolismo. Nel reúnense
tódolos reproches, xustos namaioría dos casos, á reconversión dos anos
oitenta que tan fondo dor causou na sociedade de Ferrolterra. Nel
susténtanse posicións de diversas forzas políticas que atoparon neste
elemento unha xustificación ás súas propias carencias e que viviron
durante décadas alimentando o odio ou o resentimento ó Estado e ó
Partido Socialista sen por en marcha dende as distintas
responsabilidades de goberno que tamén ostentaron iniciativa algunha
para sacar a Ferrolterra da crise.
Dende que no 2004 fun por
primeira vez candidato e logo deputado sempre falei claro sobre este
proceso de Reconversión Industrial, sempre dixen que foi nefasto,
precipitado e sobre todo sen compensacións claras e tanxibles. Sempre
dixen que tanto o PSOE estatal como o local víronse desbordados pola
situación e non conseguiron converter aquel proceso nunha oportunidade
de cambio e desenvolvemento. Non era fácil, na calle estaban tódolos
días milleiros de persoas sen perspectivas de futuro claras, e
obviamente o prioritario foi resolver este grave problema perdendo un
tempo precioso para deseñar un novo modelo de desenvolvemento para a
comarca que tivo que esperar décadas. Ademais entrounos a febre da
“terciarización da economía” e baixo esa máxima detestouse todo o
relacionado có sector industrial e pensamos que o futuro pasaba polo
sector servizos, sen respostar á pregunta de a quen prestaremos servizos
si ninguén produce nada?Toda esta historia e os sentimentos que
produce en varias xeracións dos nosos concidadáns condénsanse na
retirada do veto de Astano, de tal maneira que dicir que si á retirada e
dicir que non a aquela reconversión e protestar e revolverse contra o
máis escuro da nosa historia recente. É por isto que entendo
perfectamente as razóns de Rumbo 21 e creo que conectan con este
sentimento cidadán. Pero non se trata do guión dunha película ou dunha
novela, trátase dunha iniciativa lexislativa popular que se pretende
converter en lei, e dende ese punto de vista hai que analizala.En
primeiro lugar, cabe destacar a inutilidade xurídica do texto que se
propón, que está cargado de voluntarismo pero que resulta inaplicable
dado o reparto de competencias, xa non có Estado, senón coa Unión
Europea.Non poido compartir unha iniciativa que se afasta da
realidade, que volve a vista ó pasado para conducirnos a repetir os
erros en vez de apostar pola diversificación e internacionalización dun
tecido empresarial cada vez máis diverso e competente, non recoñece os
efectos positivos do acordo do 2004 que nos está permitindo manter unha
carga de traballo moi importante na Ría de Ferrol, especialmente na
consolidación do sector de reparacións, e que sobre todo esquece o
fundamental, o sector naval civil privado en Europa, e en España, está
en clara recesión xa dende fai décadas con peches ou suspensións de
pagos de asteleiros especialmente no ano pasado.Tentemos facer
como nas comprobacións matemáticas e fagámonos algunhas preguntas: Si o
sector naval civil é un gran negocio, porque hai outros asteleiros da
Ría pechados? Por que non hai unha morea de propostas de inversores para
comprar as instalacións e poñerse a producir barcos a toda presa? Por
que están pechando asteleiros en España como Juliana ou Sestao? Por que
UGT, CCOO ou a propia AIPF non apoian esta iniciativa? Finalmente, dicir
que respecto profundamente o traballo de Rumbo 21 pero non comparto o
seu contido nin estarei na mobilización, estarei ó lado dos
traballadores, có meu sindicato e cós que comparten obxectivos con el.
Insistindo no caracter público dos asteleiros de Navantia e traballando
para contratar nova carga de traballo para o futuro. Link: DFONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A RETIRADA DO VETO DE ASTANO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|