NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 77 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Algo "grave" e "inconfesábel"

PHP-Nuke"Non só se legalizan, senón que inda por riba a Xunta vai pór na mesa 9 millóns de euros de cartos públicos para urbanizar estes terreos", laiábase este luns o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, ao respecto dos centos de vivendas irregularmente construídas en solo non urbanizábel no Concello de Barreiros. A actualidade sobre este conflitivo caso, onde as edificacións paralizadas na anterior lexislatura polo bipartito terán agora beizón da Xunta, ademais da Deputación de Lugo, trataríase para o portavoz nacionalista do primeiro síntoma claro de que "algo grave está por debaixo do pacto PP-PSOE".

Un suceso que o deputado nacionalista relaciona coa inminente votación da reforma da lei do solo, onde os escanos socialistas no Parlamento avalarán a modificación lexislativa impulsada pola actual Xunta. Aymerich criticou que o PSdeG xustifique o voto a prol da reforma pola presunta promesa do PP de frear o proxecto acuícola de Touriñán, e cualificou este argumento de "escusa". Para o voceiro do Bloque o que realmente hai detrás desta votación é "unha coincidencia inconfesábel entre certos sectores do PSdeG e do PP". "Han de dar conta e aclarar que intereses comparten", desafiou Carlos Aymerich.

Ao respecto, o voceiro do BNG cita tamén como "segundo síntoma" da relación "oculta" de PP e PSOE a reforma dos estatutos da Axencia de Legalidade Urbanística. Un cambio realizado "co obxecto de poder remover o seu director, que trouxo como consecuencia o nomeamento da ex-secretaria do concello de Sanxenxo e actual secretaria do de Tui. Municipios estes dous, ironizou Aymerich, "exemplares en materia urbanística". "E que fai o PsdeG, calar a boca?", preguntou. Por este motivo, Aymerich reclamoulle aos socialistas "racionalidade" e que en consecuencia este martes cambien o seu voto e non apoien o proxecto do PP.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Algo "grave" e "inconfesábel"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos