AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 79 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Sector Naval na Comarca

PHP-NukeA COMARCA NECESITA TRABALLO, TAMÉN NO NAVAL
XESÚS A. LÓPEZ PINTOS E MANUEL GRANDAL ANCA (*)

Na comarca de Ferrol, ademais de superar estes últimos meses os 17.000 parados/as -cifra histórica- tamén temos un grave problema de perda de poboación, sobre todo na mocidade que vese obrigada a buscar oportunidades de traballo fóra.

É certo que non é unha situación anovada, por desgraza vénse producindo no tempo, tanto tempo como levamos con vetos á construción naval civil. Non debemos esquecer que, sen rexeitar os procesos de diversificación, o naval non deixa de ser un sector estratéxico na nosa economía.

Por iso, logo de terse acadado un masivo apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que defende as competencias da Xunta e o levantamento do veto a Astano -con máis de 18.000 sinaturas- sorprende a reacción negativa dalgunha forza sindical que se opón dun xeito activo a unha manifestación que reivindica textualmente o seguinte: “En defensa do emprego. Por un sector naval con futuro. Levantamento do veto XA!”.

E o curioso é que, por unha banda revindícase a condición pública da empresa Navantia e por outra se considera que a súa situación é só monopolio dunha determinada forza sindical.

Supoño que o feito de ser pública obriga, para ben e para mal, a soportar entre todos/as a súa conta de resultados e, xa que logo, tamén daranos dereito a opinar e a preocuparnos polo seu futuro e as súas posibilidades de xerar máis emprego.

É como si para opinar da sanidade pública, do ensino público, do sistema de benestar público, das infraestruturas, do funcionamento da Administración, etc. tivésemos que pedir permiso a esa forza sindical. Por que?

Ademais, lembrarlles que cando se asinan acordos tamén se fan responsábeis dos seus resultados; neste senso, dos Acordos do Naval de de-cembro de 2004, non asinados pola CIG, aínda hoxe non se coñece o famoso Plan Industrial e a realidade é que temos un estaleiro -Fene- que só actúa como empresa auxiliar de Navantia-Ferrol, deixando de xerar unha economía que a nosa comarca e os traballadores/as tanto necesitamos.

En agosto do ano 2003, a antiga Astano entregou o último buque feito nas súas instalacións, van logo sete anos sen carga de traballo propia. É penalización dabondo por unhas axudas que ninguén demostrou que recibise este estaleiro.

Por iso, o 27 de marzo na manifestación convocada pola plataforma Rumbo 21, cada un é libre de asistir ou non, polo que se ve hai quen está plenamente conforme coa situación actual, mais nós non, a nosa comarca merécese ter dereito ao traballo, a empezar nos sectores que mellor coñece e se algo sabemos facer dende hai séculos é barcos.

Por iso nós imos estar nesa manifestación, non queremos seguir asistindo como simples observadores á perda de emprego e de poboación, nin crendo en fantasmais Plans de Reindustrialización, queremos ser donos do noso futuro.

(*) Xesús A. López Pintos e Manuel Grandal Anca son portavoces da CIG-Ferrol

Link: BNG Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Sector Naval na Comarca" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.27 Segundos