|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Fondo extraordinario de apoio aos concellos |
A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das
entidades locais faise
efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de
participación específico
daquelas nos tributos da comunidade autónoma. Como é sabido, para este
ano 2010, a previsión é un
descenso da participación dos Concellos na referida participación.
Co obxectivo de paliar os efectos negativos que provocaría nas
facendas locais dita
disminución, creouse o Fondo Extraordinario de Apoio aos Concellos. A
cantidade que cada concello
recibirá en concepto de participación neste fondo extraordinario será
igual á diferenza entre a
cantidade total que lle corresponde como entregas a conta pola súa
participación no Fondo de
Cooperación Local do ano 2009 e a que resulte da aplicación do sinalado
no artigo 55º da lei
9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
de Galicia.
Segundo se prevé no artigo 56 desta lei, con carácter exclusivo para o
ano 2010 constitúese
un fondo extraordinario por importe total de 18.309.079 euros que se
destinará á realización de
gastos de investimento e do que serán beneficiarios todos os concellos
galegos.
Á vista das previsións de ingresos correntes, se un concello
considerase necesario dedicar
parte ou a totalidade da cantidade que lle correspondese con cargo a
este fondo extraordinario para
atender os seus gastos correntes poderá facelo, logo da
comunicación desta circunstancia ao centro directivo
xestor do fondo, que é a
Dirección Xeral de Administración Local.
Para acceder ao formulario e proceder a súa descarga, cmprimentación e envío, é preciso
acudir a zona de consulta da
Xunta de Galicia- DXAL- e premer na opción de Fondo
extraordinario de apoio
aos concellos.
Link: EIDOLOCALOnLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Fondo extraordinario de apoio aos concellos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|