NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Ten que designar o BNG candidato antes dos comicios locais?

PHP-NukeO Encontro Irmandiño volveu abrir o debate interno dentro do BNG: É preciso celebrar unha asemblea nacional antes das vindeiras eleccións municipais? A Executiva Nacional decidiu este luns dar luz verde para que o Consello Nacional que se celebrará en Compostela o vindeiro sábado decida se procede ou non poñerlle data xa á convención política. Salvo sorpresas, Encontro Irmandiño podería quedar só na súa petición xa que as dúas grandes tendencias do BNG ou se opoñen frontalmente ou teñen serias dúbidas sobre a oportunidade de adiantar a cita.


As razóns son ben distintas. A UPG segue firme nas súas teses de non adiantar a asemblea nacional. O partido que lidera Paco Rodríguez sostén que é preciso reforzar internamente a organización e convocar a cita para despois de maio de de 2011 (previsibelmente no outono dese ano). Aí é cando se debaterían as teses políticas e se elixiría o candidato ás eleccións da Xunta que terán lugar en 2013.

Fontes da Unión do Povo Galego consultadas por Vieiros reiteran que o problema a curto prazo non é nomear un candidato ao Goberno: “O PSdeG non escolleu o seu. O primeiro, se se quere ter garantías, é recuperar o discurso do BNG e logo elixir un candidato co maior consenso posíbel”. Dende este partido non queren nin ouvir falar polo momento de nomes propios: “Parece que ás veces nos esquencemos que faltan tres anos para as eleccións e hai outras prioridades”. Para este partido, o Bloque está xogando bazas importantes co seu posicionamento actual en temas como o da normalización lingüística ou o da necesidade dunha caixa galega propia.

Máis BNG, a outra gran corrente do Bloque, defendeu no seu día a necesidade de definir un candidato que rematase coa “sensación de provisionalidade no liderado”. Pendentes dunha xuntanza da súa dirección que terá lugar este xoves, semella pouco probábel que os de Carlos Aymerich apoien activamente unha asemblea nacional antes dos comicios municipais. Os numerosos cargos locais cos que conta Máis BNG non están a prol de abrir unha batalla interna a poucos meses das eleccións municipais que consideran que pode “descentrar” (e mesmo dividir) a militancia local e enfeblecer a organización. A isto, súmanse outras voces que ven “moi difícil” chegar a un entendemento co Encontro Irmandiño para acudir a unha asemblea este ano.

Crónica da anterior asemblea:
Unha executiva en dous bloques (11/05/2009)

Link: VIONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Ten que designar o BNG candidato antes dos comicios locais?" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos