|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 34 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| + GALICIA : Un pequeno paso debe ser o saneamento dos Concellos |
O Goberno de Madrid reduce este ano en torno a un 22% a súa achega aos orzamentos dos concellos galegos. Este feito, que foi acalado por uns e por outros, suporá un menoscabo moi importante para os servizos que os concellos poden e deben ofrecer á súa poboación.
Convén clarexar, que os cartos que viñeron para os municipios co Plan E están descontados desta achega estatal.
Hai que destapar que o Plan E, que se está a vender polo goberno central como unha axuda extra para reactivar a economía, está sustentado polos propios concellos, pero quitándolles a capacidade de adicar eses cartos a, digamos por exemplo, Servizos Sociais.
Esta achega estatal OBRIGATORIA para os presupostos municipais vense reducindo ano tras ano.
A situación financeira dos concellos é deficiente e inda por riba as administracións central ou autonómica están a poñer cada vez máis atrancos para a súa sustentabilidade.
Este é o caso dos parques eólicos singulares (os parque eólicos que xestionan os concellos), unha actividade que suporía unha boa fonte de ingresos para as arcas municipais e melloraría a súa situación económica.
Pois despois de ser concedidos levan mais de dous anos paralizados pola Xunta de Galicia.
Por todo iso, dende TERRA GALEGA:
1º. Esiximos á Xunta de Galicia urxencia na ratificación das concesións de parques eólicos singulares xa concedidos.
2º. Instar á Xunta de Galicia que, coa maior brevidade, abra un novo procedemento de adxudicación de parques eólicos singulares, para dotar á maior cantidade posible (dentro das normas técnicas e medioambientais) dos concellos de Galicia, con un parque eólico singular, que servirá para mellorar a súa capacidade de financiamento e, en consecuencia, a mellora da atención ás necesidades da poboación.
Xermán Tobío
Link: +GALICIAONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"+ GALICIA : Un pequeno paso debe ser o saneamento dos Concellos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|