AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 41 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A executiva de Pintos e Grandal

PHP-NukeA unión comarcal da CIG abre unha etapa na que o debate e o acordo terán que ser exercicios diarios. As dúas correntes que lideraban Xesús Anxo López Pintos e Manuel Grandal Anca, opostas en temas como o Plan Ferrol ou a iniciativa de Rumbo 21, chegaron onte da man á V Asemblea para conformar unha executiva na que están representadas a partes iguais. A máxima responsabilidade, como xa se anunciara, será compartida.


© Diario de Ferrol 2010

Un total de 170 delegados estaban chamados onte a participar na Asemblea Comarcal que se desenvolveu no auditorio municipal de Narón. A metade eran afíns a Pintos e a outra metade a Grandal, grazas o acordo ó que chegaron no pasado mes de xaneiro, a tempo para “equilibrar” as forzas nas eleccións que quedaban pendentes daquela, as de Químicas e Servizos. Así, a única desigualdade veu marcada pola non asistencia dalgún delegado e o voto en branco doutro deles. Finalmente, 85 papeletas foron para a lista de Manuel Grandal e 81 para a de López Pintos, de maneira que cada grupo copou catro postos na executiva comarcal.


O equipo que estará ó fronte da unión comarcal os próximos catro anos está integrada por Xosé Lois Rivera Jácome, Margarita Leirachá e Víctor Díaz (afíns a Grandal), e Óscar Pérez Vidal, Jesús Díaz e Sandra Otero (da candidatura de Pintos) e os dous cabezas de lista, que comentaron ó rematar o proceso que non hai nada decidido sobre a participación da CIG na Asociación Impulsora do Plan Ferrol ou sobre o respaldo á manifestación convocada por Rumbo 21 a prol do levantamento do veto a Astano. “Vai a ser un debate que se dará dentro da CIG”, dixo Grandal. “Imos ver se estamos na AIPF ó igual que noutros sitios”, sinalou López Pintos.A asemblea de onte serviu tamén para designar ós seis delegados que irán ó Consello Confederación, postos que igualmente se repartiron as súas candidaturas.

Informe de xestión

 Na asemblea, o que foi secretario comarcal único durante os últimos catro anos, Xesús Anxo López Pintos, presentou o seu informe de xestión, que resultou aprobado por 134 votos a favor, sete e contra e oito abstencións.
Na clausura participou o secretario xeral, Suso Seixo, que agradeceu o esforzo que fixeros as dúas candidaturas para desenvolver o congreso “nun clima de consenso” e animou ós presentes a seguir traballando unidos a prol do proxecto do sindicato, centrado na defensa dos dereitos dos traballadores nun tempo no que, salientou, o sector financieiro controla ás políticas económicas e ós gobernos.
A CIG é a central con maior peso na comarca de Ferrol. Ten 9.200 afiliados e 440 delegados nas empresas da zona, que a converten a primeira forza sindical co 33,8% da representación, fronte ó 28,60 de CCOO e o 28,50 da UGT. Entre os retos máis inmediatos da nova executiva está lograr unha gran mobilización para o vindeiro 10 de marzo, xunto cos actos organizados con motivo do Día da Muller Traballadora.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A executiva de Pintos e Grandal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos