NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello

PHP-NukeA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de alertar dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello para esta fin de semana, con ventos que poden superar os 140 quilómetros por hora en toda a comunidade a partires das 15.00 horas, polo que se recomendan extremar as precaucións.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu hoxe ante os medios para informar do fenómeno e da resposta da Xunta, precisamente despois de presidir a reunión do comité asesor do Plan de Protección Civil ante o risco de temporais, na que estiveron presentes membros de todas as consellerías e representantes da Delegación do Goberno en Galicia.Unha vez analizada a situación, xa se tomaron as primeiras medidas, e así xa se ten informado da situación a todos organismos e administracións implicadas e xa se puxo en marcha un comité de crise, que estará nas instalacións do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia. Tamén haberá comités de coordinación operativa a nivel provincial.

Outra das medidas pasa polo reforzamento da central de emerxencias, de tal xeito que se triplicarán os efectivos que prestarán atención, pasando das sete ou oito operadoras que hai normalmente ata 24. Tamén se crearán unhas liñas telefónicas específicas, dirixidas a atender e facilitar o traballo dos profesionais das emerxencias e responsables das distintas administracións, evitando así a saturación do 112 ante o previsible incremento de chamadas que se producirá. Tamén haberá de xeito permanente técnicos da Axencia Galega de Emerxencias.

Reforzo de brigadas e bombeiros

Outro dos operativos que se reforzarán será o dos bombeiros dos parques comarcais, onde se duplicarán o número de efectivos por quenda. Reforzaranse así mesmo as brigadas da Consellería de Medio Rural, chegando a estar 1.500 efectivos a disposición do operativo que se está a poñer en marcha fronte ao temporal.“Tamén se reforzan os medios de estradas de que dispón a Xunta, con 500 persoas destinadas a este operativo”, engadiu Santiago Villanueva, que explicou que tamén se reforzará o persoal de MeteoGalicia para visualizar en todo momento a evolución do temporal. Precisamente na rolda de prensa estivo o director de MeteoGalicia, Vicente Pérez Muñuzuri.Outras iniciativas postas en marcha foron contactar coas compañías de telefonía e subministro eléctrico para que reforcen os medios que habitualmente teñen na comunidade, para paliar na medida do posible os danos que se produzan como consecuencia do temporal.Como medida de precaución, decidiuse suspender as actividades deportivas durante a fin de semana e a Consellería de Cultura e Turismo avisou aos peregrinos que poidan estar en ruta para que, alomenos durante os sábado, eviten os desprazamentos e permanezan nos albergues. Así mesmo, avisouse ás empresas de transporte de viaxeiros para que extremen as precaucións.

Recomendacións aos cidadáns

Finalmente, recoméndase aos cidadáns que eviten os desprazamentos e as actividades no exterior, que extremen as precaucións se non poden aprazar os desprazamentos e que se teñen que abandonar o vehículo, o deixen ao resgardo do vento e ben inmobilizado e sinalizado. Antes de viaxar, hai que informarse do estado das estradas.Tamén se pide que non se aproximen á costa, que retiren ou aseguren os elementos que poidan ser desprendidos polo vento, así como portas e fiestras. Recoméndase non achegarse a zonas arboradas ou onde se poidan desprender obxectos e estar preparados ante posibles cortes de subministro eléctrico.
 
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos