- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Ser galego é "pexorativo", segundo ...

PHP-NukeA deputada de UPyD no Congreso, Rosa Díez, volveu insistir na súa tese de que o cualificativo de "galego" é pexorativo. Nunha entrevista concedida a CNN+, conducida polo xornalista Iñaki Gabilondo, Díez definiu a José Luis Rodríguez Zapatero como que "podería ser galego no sentido máis pexorativo da palabra".

Xa non é a primeira vez que a política máis valorada do Estado Español -segundo a última enquisa do CIS- lle atribúe un carácter negativo á galeguidade. Fixera o mesmo o pasado mes de outubro, daquela referida a Alberto Núñez Feijoo, do que dixera que "para min está a ser demasiado galego, no sentido pexorativo do termo".

Nas pasadas eleccións galegas, en marzo de 2009, o partido de Rosa Díez converteuse na cuarta forza do país en número de votos, con 23.796 sufraxios, o 1,41% do total.

Neste vídeo, publicado no YouTube polo propio partido de Rosa Díez, podemos ver, arredor do minuto 5, como a deputada fai esa descrición diante dun Gabilondo que, impasíbel, non lle pide ningunha explicación polo cualificativo. De feito, o blog do xornalista vasco estase a encher de comentarios de persoas que lle recriminan o seu silencio.

Repulsa do BNG
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pediulle a Rosa Díez que presente "desculpas de inmediato" ao pobo galego por usar o adxectivo como insulto. Vázquez preguntouse "cal é o sentido máis pexorativo do termo galego" e afirmou que "nós desde logo nunca aplicaríamos o termo pexorativo a nengún xentilicio do Estado español nin de nengún outro Estado do mundo".

Considerou as declaracións de Díez como "unha intolerábel manifestación de racismo antigalego e de rancio chovinismo que se compadece mal cos modos que debe exhibir a dirixente dunha formación política democrática". Por iso, engadiu que "a señora Rosa Díez ten que retirar imediatamente as súas palabras" e quw lle debe "unha explicación á sociedade galega".

Link: VIONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Ser galego é "pexorativo", segundo ..." | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.41 Segundos