AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 77 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Construtoras á carreira a "pillar cacho" de costa

PHP-NukeO próximo 17 de maio caducará a moratoria estabelecida sobre os 500 metros desde a liña de mar a través da chamada Lei de Medidas Urxentes. A norma fora aprobada polo bipartito e renovada no inicio de lexislatura polo actual Goberno. Agora, a fin da prórroga coincidirá co período de tramitación do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en marcha.


Neste escenario, desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), advirten de que se pode provocar no sector da construción "unha carreira desaforada por pillar cacho" antes da aprobación definitiva do POL, arramplando con zonas "liberadas" durante ese "período transitorio". Adega chama a atención sobre a redacción do artigo 3 que, indican, deixaría amplas "zonas francas" libres de *****prir a regulamentación propia ao respecto da protección ambiental, mellora paisaxística e ordenamento. Sinalan por exemplo que durante os dous anos de prazo que terán os concellos para a adaptación ao POL, haberá solos urbanos, núcleos rurais e zonas de ampliación, planificadas con pouco ou ningún criterio ambiental, "e moitas veces ao ditado das construtoras", que tamén quedarían fóra da protección.

Por todo isto, desde Adega consideran imprescindíbel que durante o trámite de aprobación do POL, se manteñan as medidas cautelares, "ben prorrogando a vixencia da moratoria (o ideal) ou ben a través da normativa do propio POL". "Sería unha medida profiláctica contra a especulación e que transmitiría unha mensaxe clara aos concellos: hai sobre a mesa en tramitación un plano que traballa con criterios obxectivábeis, aberto a propostas e que pode ser modificado puntualmente: implíquense na súa mellora", expoñen os ambientalistas.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Construtoras á carreira a "pillar cacho" de costa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.41 Segundos