NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BNG: proceso interno de reflexión

PHP-NukeO Bloque anunciou este luns que vai abrir nas vindeiras semanas un “proceso de reflexión” para reorientar a organización logo do fracaso electoral deste domingo. O propio Anxo Quintana foi o encargado de anunciar esta nova etapa logo dunha Executiva Nacional celebrada este luns.

O líder nacionalista, que estivo acompañado de boa parte da Executiva, recoñeceu que os resultados do Bloque son malos. A continuación sinalou tres claves que explicarían a derrota do bipartito: o non ter sabido transmitir a acción do goberno á cidadanía, a crise económica e a musculatura do Partido Popular.

A pesar de que os xornalistas preguntaron directamente pola posibilidade, Quintana non quixo desvelar o seu futuro inmediato e limitouse a afirmar que queda a disposición do que decidan os órganos colexiados da formación nas vindeiras semanas.

O comezo do adeus de Quintana
Tal como algúns agardaban, Quintana non presentou este luns a súa dimisión. Porén, é evidente que o político de Allariz comeza a súa retirada da primeira liña. A organización decidiu marcar os seus propios tempos para a busca dun novo candidato. O proceso rematará na Asemblea Nacional que ten previsto celebrar o Bloque este outono. Antes o Consello Nacional e as asembleas comarcais comezarán un debate interno para marcar novas teses políticas que deberán referendarse na asemblea.

Fontes da UPG consultadas por Vieiros subliñan que é precisa unha reflexión serena que sirva para un futuro rexurdimento do Bloque. Dan por feito que Anxo Quintana non vai ser o encargado de seguir á fronte da organización pero tamén consideran que o voceiro é quen debe seguir representando publicamente o BNG até que os militantes dean a última palabra na cita asemblearia prevista para final de ano.

Pola súa parte, un destacado membro do “quintanismo” tamén recoñecía que a decisión da Executiva era a máis lóxica xa que “o Bloque ten os seus propios tempos”. Dentro deste colectivo está asumido que Quintana, logo de dous resultados adversos, ten esgotado o crédito para poder pelexar por terceira vez pola presidencia da Xunta. O propio Quintana recoñeceulle aos seus círculos máis achegados que é inaprazábel unha renovación das caras que dirixen o BNG.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"BNG: proceso interno de reflexión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos