NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Touriño: o soño presidencialista que non callou

PHP-NukePoucos minutos despois das nove da noite do domingo, Emilio Pérez Touriño sabía que a súa carreira política chegaba á súa fin. O escrutinio avanzaba a unha velocidade vertixinosa e o PSdeG, lonxe de repuntar, acoraba entre a marea de datos que chegaban de todo o país. Doce horas despois, completamente noqueado, anunciaba a súa dimisión.

Mais é seguro que o presidente maulaba a derrota dende había días e quen sabe se semanas. Ao aparato socialista non lle daban as contas. O PPdeG estaba forte, moi forte. As enquisas internas dicían todas o mesmo: os conservadores tiñan un pé en San Caetano. O nerviosismo era evidente. Xosé Blanco repetía unha e outra vez o mesmo: Hai que mobilizar, o barco afúndese.


Na mente de moitos cadros do partido estaba o último congreso do PSdeG, celebrado en xullo do ano pasado. Naqueles días de coches oficiais e flashes ninguén pensaba que a estancia do puño e a rosa en San Caetano ía ser tan efímera. E entón chegou Blanco. Reuniuse cos “popes” do partido e debuxou un escenario dramático se non se adiantaban urxentemente as eleccións. “A crise vai pasar factura”, bradaba o de Palas de Rei pedindo un adiantamento das eleccións para ese mesmo outono. Ademais, o home forte de Ferraz botáballe en cara aos socialistas que non estaban sabendo vender a súa xestión.Touriño xogou as súas propias cartas. Quixo demostrar que controlaba o aparato e defender a súa autonomía fronte a Blanco e a Ferraz.

 O até agora presidente é un home obstinado, iso sábeo ben o seu entorno. Non había posibilidade de volta atrás. A sorte estaba botada. Se a Touriño lle saía ben a xogada tería o camiño expédito para mandar na Xunta e no partido. Pero a última carta non valeu para gañar a partida. E Touriño sabía que quedaba exposto as balas dos francotiradores. O aparato non lle perdoaba que intentase gobernar de costas ao partido

 Unha campaña de dúas velocidade

Ao igual que no caso do Bloque, a campaña dos socialistas tiña dous polos. Por un lado, o entorno de Touriño programaba un discurso presidencialista e polo outro, o partido, con Blanco e Ricardo Varela á cabeza intentaban tensionar a militancia, concello a concello. As lapras saltaban, mais todo quedaba silenciado polo rebumbio electoral.Antes da derrota de Touriño, os cadros do partido falaban polo baixo. Daban por feito que na segunda lexislatura o presidente ía ter que contar máis coa militancia e abandonar o “autismo” no que estaba instalado. Algúns contrastaban a imaxe dun Feijoo percorrendo o país parroquia a parroquia coa dun seu presidente que non acababa de arremangar a camisa.

No PSdeG ábrese unha nova etapa. Algúns dirixentes consultados por Vieiros recoñecen que a vitoria conservadora é abrumadora e ten ben poucos matices. Os máis pesimistas pregúntanse se Feijoo, ao igual que Fraga, non chegaría para quedar: “Eu creo que desperdiciamos unha oportunidade histórica. Haberá que ver cando teremos outra”, afirma un cadro pontevedrés.

Touriño comeza a recoller as pertenzas que levou hai 42 meses para a residencia de Monte Pío. En poucas semanas, Feijoo ocupará a casa presidencial que un día mandou construir Manuel Fraga. O PSdeG abre outro novo debate para buscar un líder con carisma abondo para capitanear un novo asalto ao Pazo do Hórreo. Mentres, na rúa do Pino comezan a verse as primeiras armas. Despois de perder a guerra, chega a hora de repartir os anacos que quedan.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Touriño: o soño presidencialista que non callou" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos