NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 65 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cedeira presentou onte a súa propia compañía de teatro resi

PHP-NukeO concelleiro de Cultura de Cedeira, Xermán Tobío, e a escritora e dramaturga Fusa Guillén presentaron onte no auditorio municipal da vila ó grupo de teatro Valverde como compañía residente do Concello. Deste xeito, a formación creada hai tres anos por Guillén dá un paso importante na súa traxectoria. “Estamos moi ilusionados e expectantes con esta nova etapa”, explicaba onte Fusa Guillén. Neste senso sinalaba que o feito de convertirse en compañía residente de Cedeira conleva unha serie de vantaxes para o grupo. “Vamos recibir máis apoio por parte do Concello, teremos máis posibilidades para conseguir actuacións fóra e máis solidez como compañía”, engadiu.


© 2009 Diario de Ferrol


O grupo está formada por nove membros (dous homes e siete mulleres) que traballan para presentar unha montaxe ó ano. Trala reunión celebrada onte, o elenco do grupo podería crecer xa que as portas están abertas para todo aquel que así o desexe. Nestes intres Valverde está a representar “Un día especial”, unha peza coa que o vindeiro 30 de xaneiro pecharán o Festival de Teatro Afeccionado Comediatrium, que durante este mes se está a desenvolver na vila. Ademais, ó día seguinte viaxarán ata Ferrol para participar por primeira vez no ciclo Domingos a Escena, que reúne semanalmente a deceas de persoas no Centro Cívico de Caranza. Será a partir do segundo trimestre do ano cando a compañía comece a traballar nun novo texto (todavía sen confirmar, aínda que probablemente sexa un escrito especificamente pola asociación Garola para a formación) e será tamén daquela cando as persoas interesadas en sumarse ó equipo de Valverde poidan facelo. Segundo a información facilitada onte na reunión o grupo ensaiará todos os martes e xoves entre as 18.30 e as 20.00 horas.Obradoiros e clubes > A creación da compañía residente intégrase nun proxecto cultural moito máis amplo. Así, o Concello pon en marcha tamén unha serie de obradoiros vencellados directamente co mundo do teatro pero ó mesmo tempo con identidade propia e independiente. Hai un taller de teatro no que se ensinará, por exemplo, a moverse polo escenario, a proxectar a voz ou diferentes técnicas de interpretación. As clases serán os martes e xoves de 20.00 a 22.00 horas. Paralelamente impartirase tamén un taller de escrita no que se pretende chegar a redactar algún texto que Valverde poida interpretar nun futuro. Aínda así, as persoas ás que non lles interese o teatro pero si a literatura tamén poden participar nesta actividade xa que ademais de teatro tamén haberá tempo para outros xéneros. O obradoiro impartirase os luns entre as 18.30 e as 20.30 horas. Por último, continuará por terceiro ano consecutivo o Club de Lectura, un encontro para amantes da literatura. As xuntanzas realizaranse os luns entre as 20.30 e as 22.00 horas. Todas as actividades estarán impartidas por Fusa Guilén.
Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Cedeira presentou onte a súa propia compañía de teatro resi" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.37 Segundos