NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 35 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Quen teme a memoria histórica?

PHP-Nuke“A historia que contamos aquí vén dos tempos da Guerra Civil, pero forma parte do presente”, asegura Xosé Abad, director do docmental O segredo da Frouxeira. Esta mediametraxe, que se estreará mañá no Teatro Rosalía ás 20.00 horas, amosa como “o franquismo puido converter ás vítimas en verdugos” a través da historia de Alejandro Porto Leis, poeta, activista político e o último alcalde republicano de Serantes –vila que hoxe é unha parroquia de Ferrol–, que foi paseado durante o franquismo xunto a outros tres homes, XesúsMiño, Avelino Landeira e Modesto del Río.

Tras as mortes, as autoridades iniciaron unha campaña de descrédito para “matar tamén a memoria despois de matar o corpo”, como di Abad, e tiveron o éxito de causar enfrontamentos dentro da propia familia Soto Leis, e tamén cos achegados das outras tres vítimas. Eses malos entendidos de hai 70 anos, que sinalaban a Alejandro Soto Leis como o culpable das outras mortes, chegaron ata os nosos días, pero puideron resolverse grazas a investigación realizada ao abeiro do docmental.

Como di Manuel Landeira, irmán menor de Avelino e unha das testemuñas d’O segredo da Frouxeira, “non se trata de reabrir as feridas, porque en realidade as feridas nunca chegaron a pecharse”, trátase de coñecer a verdade, sen resarcimentos, “sen facer dano a ninguén”.   OS DO*****ENTOS FAMILIARES A historia deste do*****ental comeza cando Paulino Gasalla descobre na casa da súa sogra uns recortes de artigos de prensa sobre Alejandro Soto Leis. Gardáraos o irmán, Eladio Soto Leis, que tamén era o avó da muller de Paulino, Julia. “Eu sabía que tiña un tío Alejandro que fora fusilado na Guerra, pero nada máis, e non podía crer a historia coa que me atopei, alí, naqueles recortes, estaba unha persoa á que eu non coñecía”, di Julia Soto no filme. A nai de Julia opúxose firmemente a que se seguise investigando a historia do tío Alejandro, por moito que lle insistiron. Eladio Soto fora falanxista cando novo e tivera enfrontamentos co seu irmán antes da Guerra, o que o levou a cortar toda relación con el, de aí que para os seus netos fose un descoñecido. Porén, tras o falecemento da súa sogra hai catro anos, Paulino Gasalla contactou coa Asociación Fuco Buxán e a Asociación Memoria Histórica Democrática para tentar reconstruír a vida deste Alejandro Soto, co apoio da súa muller e do irmán dela. Foron estes dous colectivos os que puxeron o tema en mans de Xosé Abad, fotógrafo e director de cine, e a colaboración de todos fixo posible a gravación d’O segredo da Frouxeira, no que os camiños das familias dos desaparecidos rematan por xuntarse tras sete décadas. Este enfoque, que amosa como o dano que fixo a ditadura non está aínda diluído, é o que diferencia a este do*****ental doutros que tratan temas semellantes, como Flores Tristes, de Teo Manuel Abad, e convértese tamén nun dos seus maiores acertos. Aínda que, segundo explica o director, foi difícil xestionar a “profundidade emocional” que emana a historia, tan difícil que tivo que pasar por oito montaxes distintas e un ano e medio de traballo. O segredo da Frouxeira tivo xa unha prestrea en Ferrol, o pasado 3 de decembro. Conta Xosé Abad como un dos achegados da familia, con firmes conviccións de dereitas, pero que acudira á proxección por respecto, achegouse á un dos protagonistas ao rematar e lle dixo: “Se esta é a reivindicación da memoria histórica que perseguides, contade coa miña colaboración”.Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Quen teme a memoria histórica?" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos