NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 23 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 TDT

PHP-NukeA falta dunha semana para o apagamento analóxico en Cedeira, aparecen os primeiros problemas de cobertura no municipio. O alcalde da vila, José Luís Vergara, explicaba onte que as previsións da Xunta pasan por instalar dous reemisores dixitais, unha cantidade que desde o goberno municipal consideran moi insuficiente para que o sinal chegue a todos os puntos do municipio. De feito, até agora a cobertura analóxica distribuíase a través de seis reemisores, máis do dobre dos que prevé instalar agora a Xunta. Neste sentido, José Luís Vergara explicou que xa comunicou á administración autonómica que con só dous reemisores non se poderá dar servizo a todo o termo municipal, sobre todo tendo en conta que até agora son seis os que están a funcionar, algo que lles foi comunicado con anterioridade, aínda que obviaron, a tenor da decisión de implantar só dous distribuidores de sinal.

De todos os xeitos, a pesar de que nun principio funcionarán dous reemisores o Concello xa estuda pór a disposición da Xunta os terreos necesarios para dotar de sinal ás zonas de sombra. Algo bastante problemático, xa que segundo apuntou Vergara, ?o Concello non dispón de terreos neses puntos e debemos comprar a parcela para entregarlla á Xunta para que instale o armazón?. Un traballo nada fácil, debido a que primeiro hai que negociar cos particulares. A Estes, segundo explicou Vergara, tampouco lles parecerá moi ben instalar unha antena nas súas terras para que dea servizo a outros.

En definitiva, nas últimas semanas a Xunta xa instalou un dos dous reemisores no pico de Outeiro, que dá servizo ás parroquias de San Ramón, Montoxo e parte de Esteiro. O problema a día de hoxe téñeno en Santalla e as vivendas da ladeira sur do municipio, na zona de Ribeira. Para solucionar as deficiencias de cobertura nesta zona -até agora un poste cun reemisor antigo ofrece o sinal analóxico- pasa por instalar dúas antenas, que deben ter un soporte en terra ou ben instalar unha nova torreta, para a cal o Concello deberá ceder o terreo á Xunta, algo no que xa traballan a pesar de que, tal e como apuntou Vergara, ?é un traballo que deberían acometer desde a administración autonómica ou central; eles teñen a obrigación moral de resolver o problema?.

Aínda así, o alcalde está convencido de que con só dous reemisores os problemas sucederanse o próximo día 18, cando se coñeza o alcance real das zonas de sombra no municipio.

Desde o consistorio estudan mesmo facer uso de parte dos fondos do Plan E para acometer pola súa conta as melloras que sexan necesarias, xa que entenden que a día de hoxe son máis de 400 persoas as que están afectadas o apagamento dixital.

O alcalde lamenta que a estas alturas existan tantos problemas no municipio, algo que achaca á negativa por parte da Xunta de incluír a Cedeira nalgún dos traballos que financiaron para estudar a implantación do sinal da Televisión Dixital Terrestre. O primeiro edil cedeirense confía en que ao final non repercuta no bosillo dos veciños o cambio de tecnoloxía previsto para a próxima semana.

Na comarca xa están en marcha varios reemisores, ademais do de Outeiro, entre eles o de Cotoagudo, en Valdoviño; en Fene; nas Somozas e na zona de San Jorge, en Ferrol.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"TDT" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos