NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 "O decretazo contra o galego, ímolo parar"

PHP-NukeSerá o vindeiro xoves 21 de xaneiro. Queremos Galego está a organizar a anunciada manifestación contra o decreto de linguas no ensino non universitario e vaticinan unha xornada histórica. Apuntan a este resultado as adhesións que recibiron até o de agora: "o rexeitamento a esta formulación lingüística é practicamente unánime", subliña Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización (MNL), "no ámbito educativo só as organizacións máis directamente vencelladas ao PP aceptan o decreto".


© 2009 Vieiros


Nos vindeiros días, os diferentes colectivos integrados en Queremos Galego traballarán nunha ambiciosa campaña de concienciación que terá a pretensión de chegar a todos os centros educativos do país. Así, organizarán actos informativos aos que convocarán ás ANPAS, ás equipas de normalización ou ao profesorado aos que chamarán a participar nesta xornada reivindicativa. Así o subliñou Fran Rei, voceiro de Queremos Galego, quen adiantou que xa se están a repartir polos centros máis de 50 mil cartaces e máis de 75 mil folletos co lema "Paremos o decretazo contra o galego".

Con todo, dende a plataforma subliñan que esta manifestación non será exclusiva do ensino, senón que é unha convocatoria aberta na que terán cabida "todos os galegos que queiran á súa lingua". A marcha partirá da Alameda de Compostela ás 11 e media da mañá e discorrerá até San Caetano, onde se sitúan as instalacións da Xunta de Galiza. A organización porá autobuses dende diferentes puntos do país, que sairán cedo cara a Santiago.

Folga preventiva e disposición de consenso
Queremos Galego rexeita o cualificativo de "folga preventiva" que lle adicou o presidente da Xunta: "é curioso que precisamente o partido das guerras preventivas empregue estes termos", dixo Rei, "logo das diferentes agresións que sufriu o noso idioma evidentemente que articulamos unhas actuacións de resposta ante o que viña e confirmáronse os nosos peores prognósticos".

 Doutra banda, a plataforma desconfía da anunciada disposición da Xunta de Galiza de chegar a consensos no decreto final. O secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, confirmou que aínda non foron chamados para reunión algunha, mais adiantou que o sindicato non se prestará "a un diálogo de pantomima que avale ningunha medida que supoña unha involución ou retroceso". Doutra banda, Carlos Callón tamén dixo dubidar da verdadeira capacidade de negociación dun Goberno que xa censurou declaracións contrarias ao decreto como a do secretario do Consello da Cultura Galega (CCG), Henrique Monteagudo, e que cualifica de extremistas a todos aqueles que se manifestan en contra.

Finalmente, a organización tamén adiantou que levará adiante en paralelo outras actuacións de tipo legal que xa están a estudar. "Os informes xurídicos dinnos que este decreto é nulo de pleno dereito", insistiu Callón, "polo que esgotaremos todas as vías legais para botalo abaixo, mesmo acudindo ás vías internacionais".

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

""O decretazo contra o galego, ímolo parar"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos