- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 41 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O grupo Valverde convírtese na compañía residente

PHP-NukeA compañía de teatro Valverde, que desde hai varios anos dirixe e coordina a dramaturga Fusa Guillén, dá no 2010 un paso máis e convírtese na primeira compañía residente do Auditorio Municipal de Cedeira. Deste xeito tanto a agrupación como o Concello inicia unha nova etapa con novas apostas no eido cultural que se tomarán forma ó longo dos vindeiros meses. Sen ir máis lonxe, o feito de que o auditorio conte coa súa propia compañía residente é unha estratexia de dinamización, que aportará novos recursos para a programación teatral da vila e fomentará os intercambios de espectáculos e producións.

Fusa Guillén continuará á fronte desta agrupación que anualmente traballa na representación dun espectáculo. Os ensaios realízanse os martes e xoves de 18.30 a 20.00 horas.

O vindeiro 18 de xaneiro o concelleiro de Cultura, Xermán Tobío, e Fusa Guillén presentarán publicamente á compañía residente. Esta xuntanza, que terá lugar ás 18.30 horas no auditorio municipal, servirá tamén para que todas as persoas interesadas en participar nas montaxes que leva a cabo o grupo Valverde podan recibir máis información sobre o tema.

Obradoiros

Paralelamente á creación da compañía de teatro residente, o Concello de Cedeira tamén pon en marcha unha serie de obradoiros vencellados co mundo do teatro e a literatura. Así, aqueles que sintan curiosidade polo mundo da interpretación, pero que por calquera motivo non poidan integrarse dentro da compañía Valverde, poderán probar sorte no obradoiro de teatro que se impartirá todos os martes e xoves de oito da tarde a dez da noite. Ademais os luns entre as 18.30 e as 20.30 horas impartirase un taller de escritura e, a partir desa hora e ata as dez da noite, os amantes da literatura poderán intercambiar opinións sobre diferentes libros nunha nova tempada do Club de Lectura da vila.

A presentación destas dúas actividades tamén terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro, aproveitando a xuntanza para a presentación da compañía de teatro residente.

Artes plásticas

Asemade o Concello imparte ó longo da semana diferentes cursos vencellados coas artes plásticas. Hainos de encadernación, pintura, modelado, escultura e máscaras e de técnicas múltiples. Para anotarse hai que chamar ó teléfono 981 482 633.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O grupo Valverde convírtese na compañía residente" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos