|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Emerxencias e Interior |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio
meteorolóxico adverso de nivel de alerta laranxa por mar de fondo e mar
de vento, que afectará ao litoral de Galicia a partir das 18.00 horas
de hoxe, 28 de decembro de 2009. O mar de fondo será moi forte na
primeira parte e máis tarde será de oeste con ondas de 4 a 5 metros,
tal e como informou a delegación territorial da Axencia Estatal de
Metereoloxía (AEMET).
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección
Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás
Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa
a todos os concellos costeiros da Comunidade Autónoma, aos organismos
das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos
provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Deste xeito,
agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade
dos bens e das persoas. Tamén, recórdaselle á poboación a
importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar
aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de
mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase
consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con
información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Link: Xunta de Galicia
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Emerxencias e Interior" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|