NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 65 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 DO ENREDO Á DEFINICIÓN: A IMPORTANCIA DA INICIATIVA POLÍTIC

PHP-Nuke
Son moitos os artigos feitos a respecto do futuro das caixas de aforro galegas. Nós preocupámonos por reproducir aqueles que aportan datos e que enfocan politicamente o problema da fusión desde unha posición galega e tendo como elemento fulcral os intereses dos e das nosas compatriotas. Non nos moven intereses particulares nin compromisos estabelecidos. É desde esta perspectiva que achegamos este traballo do noso Secretario Xeral, Francisco Rodríguez. Recapitúlase no seu artigo sobre a iniciativa política que impulsou nestes meses o nacionalismo galego e a necesidade de abrir unha nova fase no combate político sobre o futuro das caixas de aforro. Como ten indicado Bautista Álvarez en máis dunha ocasión, só os que combaten teñen opcións de conseguir a vitoria. Da experiencia recente deste combate podemos tirar conclusións enriquecedoras para a nosa práctica inmediata.
 
DO ENREDO Á DEFINICIÓN: A IMPORTANCIA DA INICIATIVA POLÍTICA
Francisco Rodríguez Sánchez


Até hai pouco vivimos, no tocante ao futuro das nosas Caixas de Aforros, unha auténtica comedia de enredo. Agás o BNG, cunha opción clara desde o inicio do actual proceso, os demais permanecían nunha indefinición calculada. Parecían contentarse con que o paso do tempo fixese irreversíbel unha opción deseñada fóra, en Madrid, ao gosto do Banco de España, do bipartidismo español, dos directivos de FUNCAS, entre outros. Era un secreto a voces que o futuro de Caixa Galicia se vinculaba a Caixa Madrid e o de Caixanova a Caixa Astur e Caixa Murcia. Porén, o presidente da Xunta mantíñase no mutismo, na pasividade, á marxe, pretextando que unicamente o criterio de solvencia e a despolitización debían fundamentar o resultado. O PSOE disimulou mal as súas contradicións. Axiña, por boca de José Blanco, nunha desas visitas de ministro da Corte, sentenciou que a mellor galeguidade se expresa cando saímos fóra. Falando con realismo, cando nos pomos ao servizo de outros.
No plano político, as iniciativas do BNG, nomeadamente a súa proposta de Lei de Caixas no Parlamento Galego, tornaron difícil a indefinición de Feixóo e disparatou aínda máis a incongruencia de Patxi Vázquez. De forma inesperada, o PP, após considerala primeiro improcedente, acabou aceitando a toma en consideración da iniciativa lexislativa do nacionalismo, para o seu debate urxente. A seguir, de forma protocolaria e intencionada, o Presidente da Xunta decidiu encabezar, aparentemente, a opción a prol dunha fusión de Caixa Galicia con Caixanova, como preferíbel á fusión con Caixas alleas, en nome precisamente de manter a sede aquí e de contar con poder financeiro galego. Intelixentemente comprendeu que, coa dialéctica política que se estaba a crear, unha posición de clara submisión ás fusións externas evidenciaría, de maneira grave por intelixíbel para un amplo sector social, as súas dependencias de deseños madrileños nocivos para Galiza. Esta traizón teríalle custos eleitorais, afondando xustamente na tese, consoante coa súa política lingüística, de que o PP é un partido anti-galego. Unha certa clarificación tardía e á forza ten chegado. Afortunadamente os sindicatos, coa súa clara opción a prol da fusión interna, coas lóxicas prevencións sobre o impacto laboral, cmpriron un papel louvábel. A verdade é que o enredo inicial se está agora mudando nun acoutado histerismo tráxico-cómico protagonizado polo inefábel Abel Caballero, empeñado en emular, cun noxento localismo viguista, o podre coruñesismo vazquista. Claro que, segundo oufano declara, ten a certeza de que o Goberno español se encargará, decreto-lei en man, de abortar unha solución galega. A fusión, que nunca poderá ser máis que un acordo entre iguais, contribuiría á conformación dunha consciencia galega por enriba dos penosos localismos que nos abafan...

Hai un feito elocuente e contundente. A fusión interna non gosta nada a Miguel Angel Fernández Ordóñez (MAFO), presidente do Banco de España. Xa chamou discretamente a Raxoi, a quen tampouco gosta. Como non gosta nen a Rato, nen a Montoro, nen a Quintás e a moitos máis dos que andan no choio. Non gosta en Madrid, goberno incluído, que xa se expresou a través do emisario de Palas, antes, e ameaza cunha nova Lei de Caixas estatal, agora. Mais, por que só cabrea desta maneira a hipótese dunha fusión interna galega, mentres son toleradas, e mesmo impulsadas polo Banco de España, as andaluzas, cataláns ou castelán-leonesas? Cavilemos. Galiza non pode nen debe acreditar na súa potencialidade, incluída a que provén do seu aforro. Non debe reaxir en chave nacional. Debe seguir sendo colonia da Corte. É probábel que o PP galego estea a facer un paripé, unha simulación (intentámolo, pero non houbo maneira) para ficar absolto de responsabilidade; é posíbel que acabase por asumir unha fusión interna agora para favorecer a externa máis tarde. Algo comezaremos a detectar nas súas emendas á Lei de Caixas do BNG e nos debates conseguintes. Porén, é positivo que, maioritariamente e no plano das ideas, perante fusións inevitábeis, se opte, desde o poder político polas internas como única forma de manter a sede aquí, contar con poder financeiro propio e polo ao servizo da nosa economía. Obxectivamente, unha confrontación coa centralización, a bancarización e a privatización que, á longa, se perseguen. Tamén é unha oportunidade para unha verdadeira democratización. Aproveitémola.

Dispoñámonos para a seguinte fase. Esta primeira xa non foi como eles a tiñan deseñado. O que queda por andar vai estar condicionado tamén pola nosa capacidade política, pola nosa consciencia colectiva. Foi Feixóo quen se tivo que aproximar á posición do BNG, enunciada con clareza, após debate interno non exento de dificultades, desde hai tempo polo noso portavoz Guillerme Vázquez. Seguramente non perseguimos o mesmo obxectivo final. Mais só a fusión interna permitiranos dar as seguintes batallas, práticas, non só ideolóxicas, desde as institucións políticas e desde a sociedade galega a prol da necesidade de contar con entidades de crédito de nós...


Link: M.F.C.



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

Colaboradores

"DO ENREDO Á DEFINICIÓN: A IMPORTANCIA DA INICIATIVA POLÍTIC" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos