AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA . DOGA

PHP-NukeResolución do 30 de outubro de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara de utilidade pública, en concreto, a instalación eléctrica no concello de Cedeira. (Expediente IN407A 08/422).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a continuación se detallan:


Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T.A. Carracedo.

Situación: Cedeira.



Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,647 km, con orixe na L.M.T.A. Vilela-Mera entre o C.T. Figueiras e o C.T. Carballa, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final no C.T. proxectado.


Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.


Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,230 km, con orixe no C.T. proxectado e condutor tipo R.Z., e apoios de formigón. Concello de Cedeira.


Resultan os seguintes feitos:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 20 de novembro de 2008, da delegación provincial, publicada no DOG do 16 de xaneiro de 2009, no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2009 e no xornal El Diario de Ferrol do 24 de decembro de 2008, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. Así mesmo, practicouse notificación individual aos afectados.


Segundo.-Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións por:

Celia Fernández Malde, propietaria dos predios nº 11, 12 e 27, solicita información completa e detallada sobre a afección da instalación antes de aceptar a solicitude. Manifesta que non foi informada nin da zona por onde pasaría a liña eléctrica nin do prezo que pagarían pola ocupación.


Gonzalo Piñón Fernández, propietario do predio nº 31, mostra a súa oposición á declaración de utilidade pública, por supoñer esta unha abusiva imposición de cargas sobre o seu predio, ao ter outras servidumes ou camiños de paso e instalación de apoios nesta propiedade, existindo outras alternativas posibles para esta liña. Solicita que, previos os trámites legais, se dite resolución estimatoria pola que se estableza a ineficacia do procedemento de utilidade pública e se anule a solicitude efectuada por Unión Fenosa Distribución, S.A.


Destas alegacións deuse traslado á empresa solicitante, manifestando Unión Fenosa Distribución, S.A. o seguinte:


Predio nº 11, 12 e 27 manifesta que en conversas mantidas coa alegante, non foi posible chegar a un acordo sobre o paso da liña eléctrica sobre as súas propiedades, para o cal foi informada do trazado previsto e da zona que quedaría afectada en cada un dos predios. Será o Xurado de Expropiación de Galicia o encargado de establecer a indemnización que lle corresponda. En canto á solicitude de información, remitiuse unha carta á interesada informándoa do exposto no seu escrito.


Predio nº 31, cita o artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, «decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o establecemento e a imposición e exercicio da servidume de paso». Intentouse ocasionar o menor prexuízo posible ás propiedades afectadas, para o cal foi posible adaptar o trazado da liña eléctrica proxectada ao camiño existente, como se ve no plano de planta e perfil lonxitudinal.


Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).


Segundo.-No expediente *****príronse os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentos ordenados no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.


Ademais, cómpre sinalar que non corresponde a esta fase do procedemento realizar as valoracións derivadas dos prexuízos que aos afectados lles ocasione o trazado desta liña eléctrica, xa que iso é competencia do Xurado da Expropiación de Galicia, logo de que ao expediente se incorporen as actas previas á ocupación e as follas de valoración coas valoracións contraditorias que presenten as partes.


De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas, resolve:

Autorizar, aprobar o proxecto e anexo I de execución e declarar de utilidade publica, en concreto, as devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.


Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.


As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano contado a partir da data desta resolución.


A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.


Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ao seu dereito.


A Coruña, 30 de outubro de 2009.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa Territorial da Coruña


Link: DOGAONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA . DOGA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos