AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 38 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Resolución da Alcaldía. Orde de execución

PHP-NukeResolución da Alcaldía. Orde de execución (expte. 2/09 MLZ) ditada a don José Ramón Martínez Vale para limpeza de fincas sitas no lugar de Pardiñeira

ANUNCIO

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e do art. 61 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comun, sendo devoltas polo Servicio de Correos as dúas notificacións da orde de execución de limpeza de finca dictada no expediente 2/09 MLZ, practicadas a D. José Ramón Martínez Vale, faise pública a notificación da parte dispositiva da referida orde de execución.

O expediente atópase no Servicio de Urbanismo e Arquitectura do Concello de Cedeira (rúa Real, 15. 15350 Cedeira).

“RESOLUCION DE ALCALDIA. ORDE DE EXECUCION (EXP 2/09 MLZ) DICTADA A D.JOSE RAMON MARTINEZ VALE PARA LIMPEZA DE FINCAS NO LUGAR DE PARDIÑEIRA, Decreto de data 31.08.09, n.º 604)

(…)

Á vista da do*****entación existente no expediente, tendo rematado o prazo concedido no trámite de audiencia sen que se teñan presentado alegacións ou do*****entación ó respecto, considerando que a finalidade das ordes de execución é que os inmobles se manteñan en debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato co fin de evitar con iso riscos para as persoas e cousas e perigos para a hixiene e tamén para o sostemento do que se deu en chamar imaxe urbana (STS 17.07.91), quedando recoñecida no parte da policia local a responsabilidade de D. José Martínez Vale sobre os escombros sitos na parte posterior do inmoble n.º 5 (na finca propiedade de D. José Lorenzo Pardo) ó abeiro do previsto no art. 199 da Lei 9/02, RESOLVO:

1.–Ordenar a D. José Ramón Martínez Vale que no prazo máximo de 15 dias habiles, contados desde a notificación desta resolución proceda á execución dos traballos necesarios para a retirada dos escombros(anacos de uralita e marcos de madeira das fiestras, plásticos e un tubo/funda de cable de cor negro) da finca sita no lugar de Pardiñeira, n.º 5, así como proceda á retirada dos escombros (composto na sua maioria por anacos de uralita) que se atopan xunto á parede posterior do inmoble n.º 5 (finca propiedade de D. José Lorenzo Pardo).

2.–Advertir ó interesado que, en aplicación do establecido no art. 199.4 da Lei 9/02 de ordenación urbanística de Galicia, no caso de in*****primento da presente orde de execución procederase á execución forzosa, de acordo co establecido nos artigos 95 e seguintes da Lei 30/92, mediante a imposición de multa coercitiva de 300 euros (cuantía mínima prevista) reiterables ata logra-la execución dos traballos ordenados, sen prexuizo da posibilidade de incoación do correspondente expediente sancionador coa imposición da multa que corresponda segundo a lexislación aplicable.

3.–Dar traslado da resolución á Policia Local para os efectos de que faga o seguimento desta orde de execución e verifique se unha vez transcorrido o prazo concedido se procedeu á limpeza das fincas”.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá Vd. interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da presente notificación, segundo establecen os artigos 116.1 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle notificara resolución, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, e poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou dende o día seguinte ao de aquel en que se produza o acto presunto ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, ou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia –Sala do Contencioso-Administrativo–, segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, poderá impugnar directamente o acto que se lle notifica ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (art. 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Para tales efectos poderá Vd. interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da presente notificación (art. 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia –Sala do Contencioso-Administrativo–, segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, poderá Vd. utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

CEDEIRA, 16 de novembro de 2009.

O ALCALDE

Asdo. José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Resolución da Alcaldía. Orde de execución" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos