|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 19 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O diñeiro do Plan de Cooperación ao saneamento de San Román |
O goberno de Cedeira segue fielmente as pautas establecidas para poder contar o presente mandato cun territorio totalmente saneado. Onte mesmo, o rexedor municipal, José Luís Vergara, asistía como espectador á recepción das obras financiadas por Augas de Galicia e que deron lugar á separación das augas fecais das pluviais ao longo da rúa Ezequiel López. O investimento roldou os 200.000 euros. O día anterior, e con motivo da celebración do pleno correspondeinte ao presente mes, a corporación daba un paso máis na mesma dirección co acordo de destinar íntegro o diñeiro que o Concello recibirá do Plan de Cooperación cos Concellos -uns 500.000 euros- ao saneamento da parroquia de San Román de Montoxo. A construción da rede de saneamento para dar servizo a unha poboación conformada por unhas 200 familias e a instalación e posta en funcionamento dunha estación de augas residuais son algúns dos apartados incluídos no proxecto, sobre o que o pleno tamén se pronunciou a favor de aprobar o expediente de contratación das obras.
Como se lembrará, o Concello desenvolve estas intervencións en función de plan previsamente trazado para sanear os núcleos rurais e valorado en seis millóns de euros. O pleno serviu tamén para aprobar as intervencións que levarán a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos e o seu complementario. A contía do mesmo supera os 300.000 euros e con cargo á citada cantidade prevense obras de asfaltado na rúa Ortigueira e na parroquia de Piñeiro e a construción dun parque infantil na área de Floreal, entre outras.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O diñeiro do Plan de Cooperación ao saneamento de San Román" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|