- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Xestión de residuos voluminosos

PHP-NukeO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina 215.000 euros con cargo aos orzamentos do ano 2009 para favorecer a xestión de residuos voluminosos en 127 concellos galegos.

Se ben a vixencia deste acordo remata o vindeiro 31 de decembro de 2009, a Consellería reservou xa, nos orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para o ano 2010, unha partida de 644.000 euros destinados a darlle continuidade á colaboración coas entidades locais en materia de xestión de residuos voluminosos.

Hernández manifestou que a distribución dos fondos, que se vai levar a cabo mediante a sinatura dos convenios de colaboración cos concellos e entidades locais beneficiarias, realizouse tendo en conta os criterios propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias.Así, establécese un importe fixo de 200 euros ao que se suma a cantidade que resulta de repartir, de xeito proporcional, o importe dos fondos restantes, ata completar o crédito orzamentario establecido para esta finalidade, entre todos os concellos afectados por esta situación, de acordo cos seguintes criterios e distribución porcentual:        Poboación: 40%
       Superficie: 30%
       Entidades singulares de poboación: 30%Os cálculos baséanse nas últimas cifras feitas públicas polo Instituto Galego de Estatística para cada categoría.O conselleiro recordou que a resolución do 30 de abril de 2008 outorgoulle a autorización ambiental integrada ao Complexo Medioambiental de Cerceda, do que é titular Sogama, circunstancia a partir da cal se pon de manifesto a imposibilidade de continuar recibindo nas súas instalacións os residuos voluminosos entregados polos concellos galegos acollidos a esta opción. Tamén recordou que, na actualidade, a Comunidade Autónoma dispón de mellores alternativas de xestión, segundo o esquema de prioridades imposto polo marco normativo aplicable nesta materia, que permiten a súa valorización.Ata ese momento, un bo número de concellos galegos facíalle entrega a esta sociedade dos residuos voluminosos xerados nos seus municipios (preferentemente colchóns pero tamén mobles e outros enseres domésticos), a través da planta de transferencia que tivesen asignada para a súa posterior xestión nas instalacións de Sogama, en Cerceda. As novas circunstancias obrigan aos concellos afectados a dispor de medios, tanto loxísticos como económicos, para o transporte e entrega destes residuos a xestores autorizados, co incremento de custes que isto implica. Por esta mesma razón, manifestou o responsable de Medio Ambiente, a Xunta rubrica esta colaboración coa Fegamp, coa finalidade de contribuír a financiar os custes que esta situación trae consigo e de velar pola axeitada prestación dos servizos municipais na materia referida.Pola súa banda, o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, destacou que as axudas son especialmente importantes no contexto económico actual, e permitirán aos concellos “sufrir un pouco menos as consecuencias da crise”. Manifestou tamén o seu acordo coa fórmula utilizada para a distribución das axudas, xa que se establece tendo en conta criterios xustos e obxectivos.Segundo certificou a Sociedade Galega do Medio Ambiente, un total de 97 concellos atópanse nesta situación, se ben a esta cifra habería que engadir outros concellos afectados dos que os seus residuos son xestionados pola Deputación Provincial de Ourense (16), pola Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro (7) e pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín (7).En consecuencia, serán finalmente 127 concellos os que se verán beneficiados por estes fondos autonómicos. O protocolo de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias asínase na súa condición de entidade asociativa máis representativa e maioritaria das Entidades Locais de Galicia. Tamén formalizaranse 97 convenios de colaboración con outros tantos concellos galegos; e 3 convenios de colaboración coas seguintes entidades locais ao ter estas asumido a xestión dos residuos urbanos de 30 dos concellos afectados: a Deputación Provincial de Ourense, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Xestión de residuos voluminosos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos