NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 bng ferrolterra

ColaboradoresAnonimo escribió
manuel r. doval (*)

É un feito constatado que desde hai tempo estáse a desenvolver unha política neoliberal que amenaza á sanidade pública, transladando o que ten que ser un servizo universal - asumido e financiado polas institucións públicas - ao ámbito da iniciativa privada e tentando transformar a saúde nunha sorte de
mercadoría deixada aos criterios dos grandes grupos financieiros, laboratorios farmacéuticos, etc....
Estamos sen dúbida nun proceso de mercantilización da sanidade que xenera desigualdades, reduceasistencia aos sectores máis necesitados e mesmo dispara o gasto sanitario.  Hai poucos dias e, ao fio da presentación do proxecto de Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, facíase púbrica a intención do goberno do PP de recorrer á iniciativa privada para a construción de  varios centros de saúde -entre os que figuran A Capela, Ares, Cedeira e Narón- pendentes de executar  en diversos concellos de Galiza, cunha previsión de investimento total de 115.865.156 euros dos que  só unha pequena parte figuran para o 2010 e o resto para o 2011 e seguintes como (sic) “previsión de  inversións realizadas coa colaboración público-privada para a lexislatura”..
Como se pode ver, unha mistura de política-ficción e fraude: nen existen inversións “realizadas” nen hai garante algún da “colaboración público- privada”. Pero imos ao fondo do asunto. A introducción do capital privado dentro do sistema sanitario - ensaiado noutras épocas polo PP coas Fundacións Sanitarias - supón un novo paso na deixadez de responsabilidades do novo goberno galego tocante ao  mantemento e mellora dos servizos públicos básicos e universais; con medidas que tenden -coma no presente caso- á privatización, cando non ao progresivo desmantelamento. Unha política que, como é  público e notorio, ven demostrándose nefasta nos seus resultados sociais e tamén económicos naquelas zonas do estado onde xá se ten implantado.

(*) Manuel R. Dova é responsábel municipal do BNG de Ferrolterra

Link:http://www.bng-cedeira.org



Diversos organismos do ámbito da sanidade - incluso a propia Organización Mundial da Saúde nun
informe do ano 2006 - teñen afirmado sobre os riscos e eivas que prantexa o funcionamento deste
modelo onde semella que a celeridade na construción prima sobre a calidade e mesmo sobre os
custos finais daquela. De feito, segundo recoñecen destacados representantes das asociacións en
defensa da sanidade pública, estamos a falar de obras que se executan coa concesión á empresa
adxudicataria dos servizos non sanitarios (cafetería, limpeza, seguridade, servizos administrativos….)
durante un período de trinta anos; ao cabo dos que a administración pública terá pagado ata seis e
sete veces o custo da construción. Eis o balance final desta operación....
Claro que, no caso dos centros de saúde, o tema introduce aínda máis dúbidas. Se, como se ten
acreditado, a clave do “interese” do capital privado na construción de instalacións sanitarias é
precisamente a explotación da concesión dalgúns servizos -que xeneran grantes activos económicos-
e non precisamente o fomento e mellora da atención sanitaria, todo fai pensar que a inexistencia
destes servizos nalgúns centros de saúde non vai actuar precisamente como incentivo para a iniciativa
privada polo que, mesmamente, podería quedar deserta a licitación ou, en troques, obrigar a facer
outro tipo de “concesións” non relacionadas estritamente coa construción de novos centros. Agora fica
con máis claridade o que nos quería dicir o Sr. Feijoo co famoso lema de campaña “chegou o
momento”. Semella que algúns pensaron que falaba dos intereses do Pais, cando estaba falando
sinxelamente da lei do mercado. E aí, ficamos vendid@s.... "



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Colaboradores
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre Colaboradores:
Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"bng ferrolterra" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos