- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Portos VS Alcaldía

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, remitirá un escrito a Portos de Galicia para expresar o seu desacordo e malestar cunha decisión tomada desde esta administración dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que vén reducir máis da metade unha partida comprometida polo ex titular do ente, Jacinto Parga.



Segundo explicou o rexedor cedeirense, o departamento que dirixe José Manuel Álvarez Campá decidiu modificar un acordo xa existente coa referida administración, que estaba valorado en 60.000 euros. O proxecto redactado polo equipo de Parga contemplaba varias intervencións nos xardíns de entrada ao porto. Unha área que, como se lembrará, resultou moi danada tras o paso do furacán "Klaus" o pasado 23 de xaneiro, motivo polo cal Portos decidiu investir a referida cantidade.

As previsións da nova administración presidida por Álvarez Campá pasan por reducir até os 20.000 euros a partida inicial e acometer unha mellora a menor escala.

De feito, tal e como explicou o rexedor municipal, a intervención inicial contemplaba obras para mellorar o axardinamento, dotar á área dun sistema de rega adecuada e iluminación e limpar o noiro de substrato de roca baixo o cal se sitúa a área de recreo.

Coa redución orzamentaria prevista pola Xunta de 40.000 euros deberá deixarse para outra ocasión o sistema de rega, a iluminación e a limpeza do noiro, tal e como explicou José Luís Vergara.

A forza do furacán "Klaus" arrasou as árbores da zona convertendo o espazo nun bulleiral que aínda hoxe presenta un pésimo estado de conservación.

Link: DFONLine




 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Portos VS Alcaldía" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos