AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 19 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pintos: “Nestes catro anos acabouse co sectarismo”

PHP-NukeXesús Anxo López Pintos (San Xurxo, Ferrol, 1955) é case a figura por excelencia da acción sindical na comarca. Estivo nas loitas máis duras de diferentes colectivos de traballadores e o seu papel protagonista valeulle catro xuizos e unha condea. Estes días vive en primeira liña doutra batalla, aínda que esta non se libra na rúa senon nos locais da CIG, frente o seu compañeiro Manuel Grandal, pola secretaría comarcal. Está afeito a dar a cara e a non morder a lingua, como proba esta conversa.


© Diario de Ferrol - 2009


Concelleiro do BNG durante 14 anos, en Cedeira, e agora líder dun sindicato nacionalista que, na comarca, quere declararse independente...

­Eu optei polo sindicato, ó contrario do que fai normalmente a xente. Cando presentei a candidatura a secretario comarcal, hai catro anos, expulsáronme da UPG, aínda que eu seguín no BNG. ¿Por que? Porque Pintos é unha persoa á que non podían domesticar, que poño os intereses dos traballadores por diante das siglas... E logo saio elixido e a xente da outra candidatura adícase desde o principio ó acoso e derribo. Querían que estes catro anos foran un fracaso, pero resultou o contrario. Medrou a afiliación e o número de delegados e convertímonos en primeira forza sindical da comarca.

­¿Outras secretarías comarcais optaron por esa postura?

­Non, hai xente noutras comarcas que están a favor desta liña, pero nas secretarías comarcais hai acordos coa UPG. Curiosamente, a CIG só é primeira forza política aquí e en Vigo. E aquí non temos a bendizón do aparato. A dirección do sindicato e a comisión de garantías non están sendo imparciais.

­Convertícheste no principal valedor do divorcio entre o BNG e a CIG.


­Cando cheguei á secretaría comarcal había un conflito moi importante no Concello das Pontes. Tratei de buscar unha solución, pero penso que actuaron con prepotencia coa CIG e despois nos botaron a culpa de que perderan a alcaldía. En Ferrol tamén dixeron que o sindicato tiña a culpa da baixada do BNG. Se algún partido quere que os traballadores lle voten, ten que facer políticas para eles.

­E o enfrontamento tamén chega ós xulgados. O proceso de elección de delegados na federación de Químicas dirimirase nunha vista o día 12 e agora tamén recurriron o de Servizos.

­En Servizos a candidatura presentouse tarde, fóra de prazo. E como non valeu, houbo xente ás portas do sindicato repartindo panfletos que dicían que había irregularidades. Entre eles estaba Ana Vérez, secretaria de Organización do BNG. É duro dicilo, pero se nós fixéramos iso xa estariamos fóra da CIG. É vergonzoso.

­¿Cal pensas que é a clave de que a CIG se convertira en primeira forza?

­Hai un traballo anterior a esta executiva, claro. Demostramos que a CIG é un sindicato combativo e nestes catro anos acabouse co sectarismo. Iso de que cando chega unha persoa se mire se vén dun partido, ou se vota a uns ou a outros... iso acabouse. Aquí, agora, cando vén calquera cun problema primeiro o atendemos como un traballador que é e logo, se decide afiliarse, non lle preguntamos pola súa ideoloxía. Todos os membros da CIG xa acatan os seus estatutos.

­¿Que foi o máis difícil?

­O máis forte foi o enfrentamento con Eshor. Nunca se deu que viñeran ó sindicato a agredir ó secretario comarcal para que retirara as súas denuncias. Por certo, que daquela Manuel Grandal escapou. Por iso, cando din que hai que facer máis acción sindical... ¿pero que acción sindical fixeches ti en Navantia, onde somos o último sindicato?

­Defendes o papel combativo do sindicato, ¿tamén o negociador?


­Sempre dixemos que somos un sindicato negociador, pero non pactista. Por iso participamos no Plan Ferrol ou noutros foros nos que se debaten os intereses da clase traballadora. Ahí temos que estar.

­¿Crees que os sindicatos sairán reforzados desta crise?


­Non me importa se os sindicatos saen reforzados. O que importa é que os traballadores non saian prexudicados. Avecíñanse anos moi duros, porque os mesmos que provocaron a crise, os do gran capital, van rexurdir probablemente con máis forza e van querer facer chantaxe ó goberno para impor as súas condicións no mercado laboral. Temos que facer unha acción sindical conxunta, temos que estar fortes para evitar que a patronal impoña as súas condicións. Por iso é importante a unidade.

­Pero a túa chamada á unidade non tivo éxito de momento.

­O que pasa é que as minorías teñen que aceptar as decisións da maioría. Pero o certo é que o sindicato nunca tivo tanta ferramenta -digo os afiliados, os delegados, a estrutura e os medios económicos- para defender ós intereses dos traballadores.

Link: Diario de Ferrol - ENTREVISTA DE MONTSE MAYORAL



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Pintos: “Nestes catro anos acabouse co sectarismo”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos