- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Manuel Grandal Anca

PHP-NukeManuel Grandal Anca (Fene, 1962) leva máis de dúas décadas no sindicalismo nacionalista, ainda que agora, por primeira vez, encabeza unha candidatura que concurrirá ao vindeiro congreso comarcal da CIG, que se celebrará a finais de novembro. Secretario da sección sindical de Navantia Ferrol, forma parte dunha parte da executiva comarcal que mantén un constante e cada vez máis crecente enfrontamento co actual secretario, Xesús Anxo López Pintos co que, si o diálogo non o remedia, se medirá nas urnas. Promete recuperar o espíritu máis reivindicativo no sindicato, primar unha «transparencia» que di que perdeu a central e sacar a CIG da Asociación Impulsora do Plan Ferrol.


© La Voz de Galicia


-¿Cando e por que decide encabezar esta lista?
-A raíz da última asamblea comarcal, da actitud que tomou quen ganou o proceso por unha diferencia mínima de votos, vimos que o seu gran obxectivo era dilapidar a quen perdera a asamblea comarcal. Nós intentamos por todos os medios chegar a acordos, é certo que non o conseguimos. A gota que colmou o vaso para que este grupo de compañeiros decidiramos presentar unha candidatura foi certas actuacións sobre decisións político-sindicais que afectaban a comarca, e mesmo a opacidade que se estaba dando na xestión. Os compañeiros plantexaron que fose eu quen encabezara a candidatura por dous motivos: pola experiencia que me acredita e porque entenden que con este tempo que levo no sindicalismo en Navantia, que entre outras cosas tamén participei na fusión de INTG-CXTG, podía ser a persoa para formar un equipo que tratara de recuperar a CIG, non afondar nas feridas senón tratar de recuperar a cordialidade.
-Fala da vontade de chegar a acordos, pero o certo é que nestes últimos catro anos, a brecha dentro da CIG, lonxe de desaparecer, cada vez é maior. ¿Qué autocrítica fan vostedes e cál cree que é a culpa da dirección da central?
-Nós intentamos sempre un entendemento pero dende un primeiro momento nos apartaron de todas as responsabilidades da central. Todas as xuntanzas que tivemos, agás a última, foron mediadas por responsables do sindicato a nivel nacional. Cicáis nunca é suficiente o esforzo que se fai pero o secretario comarcal mantén unha postura de certa prepotencia.
-Pero o actual secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos, fixo un chamamento a semán pasada para tratar de confeccionar unha candidatura única. ¿A rexeita?
-Antes e despois deste proceso estou aberto ao diálogo. Tivemos unha reunión, pero a única posibilidade que se nos plantexou para que houbera un acordo era asumir que Pintos fose secretario comarcal. Creemos que hai moitas saídas pero a condición sine qua non que pon é que él ten que ser secretario comarcal. Estamos dispostos a explorar todas as vías pero non podemos admitir unha negociación condicionada.
-¿Cáles son os principais obxectivos da súa candidatura?
-Recuperar os principios básicos da central: respetar o pluralismo e non tratar de dilapidar a ninguén. A pluralidade é enriquecedora, ainda que ten que traer consigo o respeto ás decisións dos organismos do sindicato. Como non hai debate, hoxe a CIG é un reino de Taifas. Somos a primeira forza da comarca pero non nos estamos dando a valer liderando movilizacións e poñendo alternativas aos problemas enriba da mesa.
-A participación na Asociación Impulsora do Plan Ferrol e a postura ante a Iniciativa Lexislativa Popular por Astano son os dous asuntos de máxima confrontación.
-O Plan Ferrol solo serviu para anestesiar esta comarca. É a primeira vez que a CIG, tras unha reconversión, participa nun chiringuito dese tipo. Mesmo veu a avalar os orzamentos do Estado para a comarca, é esperpéntico. Se gañamos, sairemos da asociación do Plan Ferrol, porque demostrouse que non ten futuro. E sobre o respaldo a Iniciativa Lexislativa por Astano, non foi a debate nos organismos da CIG solo pasou pola executiva e se impuso non participar co único argumento de que ven de donde ven e que é labor do Parlamento.

Link: VONLine - J.M.F.C.



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Manuel Grandal Anca" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos