- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Proceso selectivo dun policía local polo sistema de mobilidade

PHP-Nuke1.- Clasificación da praza.- Escala de Administración Especial. Subescala: Servicios especiais. Escala: Básica. Categoría: Policía. Grupo C1. Nivel: 18

Esta praza está incluída na Oferta de Emprego Público para o exercicio 2009 que foi publicada no BOP de 16 de xuño de 2009 e no DOG de 7 de xullo de 2009.

2.- Número de prazas que se convocan.- 1 (mobilidade).

3.- Información sobre dotación económica- As retribucións correspondentes ó grupo C1, nivel 18, complemento específico mensual: 443 euros. En relación coa praza de mobilidade, no caso de terse consolidado outro nivel de complemento de destino, deberá acreditarse o mesmo.

4.- Sistema de provisión.- 1 praza de mobilidade por concurso coas especificacións que constan nos apartados seguintes.

5. Publicidade.- As bases se publicarán integramente no BOP de A Coruña e se anunciará a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Simultaneamente comunicarase á Consellería competente en materia de Interior o envío dos anuncios.

6.- Requisitos dos/das aspirantes:.

Os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de calquera corpo da Policía Local da comunidade autónoma de Galicia, coa categoría de policía, e ter unha antigüidade mínima nela de 5 anos.

b) Faltarlle 12 anos como mínimo para o paso previsto á situación de segunda actividade. Es dicir ter menos de 46 anos de idade.

Tódolos requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse no día da data de publicación desta convocatoria no B.O.E.

6.- Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación comezará ao día seguinte de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e culminará 20 días hábiles despois da publicación do último anuncio no DOG e no BOE.

7. Ás solicitudes deberá achegarse a seguinte do*****entación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Certificación emitida polo concello de orixe que acredite os requisitos do apartado 6.a).

c) Acreditación dos méritos alegados mediante compulsa dos certificados presentados.

8. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución no prazo dun mes, declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, coas causas que motivaron a exclusión. En dita resolución, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e no taboleiro de edictos do Concello sinalarase un prazo de dez días hábiles para que os excluídos/as poidan corrixir erros e presentar nova do*****entación.

A lista definitiva de admitidos unicamente publicarase no taboleiro de edictos do Concello.

7.- Composición do Tribunal.- O Tribunal estará composto por:

Presidente (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera Administración pública.

Vocais (en número de tres titulares e suplentes): Funcionario de carreira de calquera Administración pública.

Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública.

8.- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación

O procedemento de selección consistirá na comprobación, avaliación e cualificación dos méritos alegados e xustificados polos aspirantes, en relación co baremo recollido no Anexo I destas bases.

9.- Relación de aprobados

Unha vez terminada a cualificación dos aspirantes, os Tribunais farán pública a relación de aprobados por orde decrecente de puntuación no taboleiro de edictos do Concello, precisándose que o número de aprobados non poderá pasar o número de prazas vacantes convocadas. Dita relación elevarase ao Presidente da Corporación, que a publicará no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

10. Nomeamento

Unha vez superadas as probas selectivas, os aspirantes serán nomeados funcionarios de carreira da escala e categoría correspondente, mediante Resolución de Alcaldía. O prazo de toma de posesión será de 20 día hábiles a contar desde a notificación do nomeamento.

11. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A convocatoria, as súas bases e todos os actos administrativos que se deriven delas e da actuación do Tribunal poderán ser impugnados polos interesados, do xeito previsto na Lei de Procedemento Administrativo Común.

12. Lexislación Aplicable

No non previsto nas presentes bases será de aplicación o previsto na Lei 4/2007 de 20 de abril de Coordinación das Policías Locais, o Decreto 243/2008, polo que se desenvolve a lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, e o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

ANEXO I

1. Titulacións académicas.

Tendo en conta o previsto no artigo 76º e na disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público, as titulacións a baremar serán as seguintes:

-Título universitario de postgrao, doutor ou equivalente: 3,00 puntos.

-Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2,00 puntos.

-Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en criminoloxía, ciencias policiais ou equivalente: 1,50 punto.

-Bacharel, técnico ou equivalente: 0,50 puntos.

Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, salvo que se posúa máis dunha.

Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, debendo achegarse a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición na que se estableza a mesma e, se é o caso, o BOE en que se publica.

Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

2. Antigüidade.

Para os efectos de valoración da antigüidade só serán tidos en conta os servizos prestados como funcionario de carreira.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados nos corpos de policía local: 0,20 puntos.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos e forzas de seguranza: 0,10 puntos.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos das administracións públicas: 0,05 puntos.

3. Formación e docencia.

3.1. Formación profesional continua:

3.1.1. Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Cada hora presencial en actividades con exame de aproveitamento: 0,025 puntos.

-Cada hora a distancia en actividades con exame de aproveitamento: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia en formación en liña: 0,010 puntos.

3.1.2. Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Ata 20 horas lectivas: só asistencia 0,20 puntos; aproveitamento 0,30 puntos.

-Entre 21 e 40 horas lectivas: só asistencia 0,35 puntos; aproveitamento 0,50 puntos.

-Entre 41 e 70 horas lectivas: só asistencia 0,45 puntos; aproveitamento 0,65 puntos.

-Entre 71 e 100 horas lectivas: só asistencia 0,50 puntos; aproveitamento 0,75 puntos.

-Entre 101 e 200 horas lectivas: só asistencia 0,75 puntos; aproveitamento 1,00 puntos.

-Máis de 200 horas lectivas: só asistencia 1,00 puntos; aproveitamento 1,30 puntos.

Non se terán en conta, para os efectos de valoración: os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguranza; os cursos repetidos, salvo que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso e os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe A.1 do anexo II desta orde, nin a superación de materias deles.

3.2. Docencia:

3.2.1. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguranza, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,015 puntos.

3.2.2. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguranza, desenvolvidos nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,010 puntos.

O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a súa impartición.

Os méritos desta epígrafe A.3 deberán acreditarse dentro do prazo que se determine, mediante a presentación dos diplomas ou certificados correspondentes, que expresarán claramente os contidos xerais e as horas de formación ou docencia, se é o caso.

4. Distincións e recompensas oficiais.

-Placa individual ao mérito da policía local: 2,00 puntos.

-Placa colectiva ao mérito da policía local: 1,5 puntos.

-Medalla ao mérito da policía local: 1,00 punto.

-Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos: 0,75 puntos.

-Distincións do órgano colexiado competente do concello: 0,25 puntos.

5. Idiomas.

O coñecemento doutro idioma distinto do español e do galego, acreditado por certificado de escola oficial de idiomas, valorarase a razón de:

a) Ciclos.

-Certificado de superación do ciclo elemental: 1,00 puntos.

-Certificado de superación do ciclo superior: 2,00 puntos.

b) Niveis.

-Certificado superación nivel básico: 0,65 puntos.

-Certificado superación nivel intermedio: 1,30 puntos.

-Certificado superación nivel avanzado: 2,00 puntos.

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

6. Lingua galega.

-Celga 1: 0,25.

-Celga 2: 0,50.

-Celga 3: 0,75.

-Celga 4: 1,00.

-Anterior curso de iniciación: 0,75.

-Anterior curso de perfeccionamento: 1,00.

-Linguaxe administrativa nivel medio: 1,50.

-Linguaxe administrativa nivel superior: 2,00.

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

Bases proposta polo Sr. Alcalde

O 16 de xullo de 2009

José Luís Vergara Rey

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Proceso selectivo dun policía local polo sistema de mobilidade" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos