|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Máis de seiscentas palilleiras |
Máis de seiscentas palilleiras procedentes
de toda Galicia pero tamén doutras comunidades como Asturias ou León
participaron onte na sexta xuntanza que organiza anualmente a
Asociación de Amas de Casa da vila.
© CRTVG 2009
A primeira hora da mañá comezaron a
chegar os grupos máis madrugadores que pouco a pouco foron facéndose un
oco no polideportivo cedeirés. Así, arredor das dez da mañá o
particular soniquete dos bolillos xa chegaba a todos os recantos do
recinto. Mulleres de todas as idades, nenos e tamén algún que
outro home (aínda que polo momento a súa presenza neste tipo de
encontros todavía é anecdótica) intercambiaron ó longo da xornada
técnicas, segredos, trucos e todo tipo de curiosidades sobre o mundo do
bolillo e do encaixe en xeral. Como xa é tradición en Cedeira,
a media mañá para animar a cita tivo lugar o primeiro dos sorteos entre
todos os participates. Utensilios de cociña, abrigos, cosmética ou
produtos típicos da vila como as súas empanadas foron algúns dos
agasallos que se repartiron ó longo do día. Ademais, tamén houbo
premios para o grupo máis numeroso (con cincuenta palilleria chegadas
da escola de María Jesús de Vigo); a de máis lonxe, Soledad Rubio, de
Asturias; os máis novos, Sheila e Ramón de 10 e 13 anos
respectivamente, e tamén para a máis veterana, Lola Rodríguez, de 89
anos.Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Máis de seiscentas palilleiras" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|