- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Medio Rural publica a guía informativa “A caza en Galicia”

PHP-NukeA Consellería do Medio Rural ven de publicar a Guía Informativa “A Caza en Galicia” correspondente á tempada 2009-2010, que comeza oficialmente pasado mañá, domingo día 18. Trátase dunha publicación que sae do prelo con carácter anual, moi popular entre os afeccionados á práctica cinexética, que se distribúe en colaboración coa Federación Galega de Caza, así como por medio dos axentes forestais da Consellería do Medio Rural e en armerías e tendas especializadas. A través de 46 páxinas, a guía –da que se tiraron un total de 30.000 exemplares– resume, co apoio de preto de 70 imaxes, gráficos, mapas e táboas, a información actualizada sobre a normativa vixente, especies, métodos e limitacións xerais para desenvolver esta actividade.

Na guía, a toda cor e de fácil manexo, resúmense os contidos da Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado día 5 de agosto pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2009-2010. Esta norma de vedas regula, en cmprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, de caza de Galicia, os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma no referido período. Segundo o establecido por esta Orde –tal e como tamén se lembra na guía– o período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 18 de outubro de 2009 e 6 de xaneiro de 2010, ambos inclusive. Os días da semana nos que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor.

Limitacións

Entre as limitacións, en canto a pezas de caza, explicítase que nunca poderán incluírse como tales as femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías; os machos inmaturos de corzo, cervo ou gamo ou os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza. Ademais, determínase que tódolos animais de caza maior que fosen abatidos deberán ser identificados mediante unha precintaxe que lles será facilitada aos titulares dos terreos cinexéticos pola Consellería do Medio Rural, logo do pagamento da correspondente taxa.

[NOTA: Para máis información, pódese descargar a guía en formato pdf no seguinte enlace: http://unitega.files.wordpress.com/2009/10/folleto-caza-0910.pdf] .

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Medio Rural publica a guía informativa “A caza en Galicia”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos