AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 37 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Adhesión á Mancomunidade de Concellos

PHP-NukeO Concello de Cedeira, e no seu nome o seu alcalde, Xosé Luís Vergara, presentou oficialmente a súa solicitude para poder integrarse na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside o rexedor Vicente Irisarri.

A petición de inclusión neste órgano supramunicipal foi ratificada por maioría absoluta no pleno da corporación cedeirense do pasado 29 de setembro e responde á necesidade deste municipio de que algúns dos seus intereses sexan mellor xestionados nun ámbito común de traballo.

A integración de Cedeira suporá algúns cambios nos estatutos que rexen este ente, xa que a Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia así o determina. é ao pleno da Mancomunidade a quen corresponderá esta modificación estatutaria. Deste xeito, tal e como informou o alcalde da cidade naval, Vicente Irisarri, a solicitude será estudada na próxima reu-nión que se prevé celebrar este mes de outubro no Concello, aínda que aínda non ten data fixada.

Coa adhesión do municipio de Cedeira, a Mancomunidade de Concellos veríase ampliada sumándose o novo concello aos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Valdoviño, Ares e Mugardos.

O rexedor ferrolán destacou onte o esforzo realizado por todos os alcaldes municipais que hoxe integran este órgano por estreitar vínculos de colaboración entre os municipios que representan de face a afrontar proxectos de diversa índole e dar resposta, así mesmo, a problemas comúns.

Por outra banda, Vicente Irisarri aludiu tamén a que na reunión celebrada o pasado 9 de xuño xa participara, como convidado o alcalde cedeirense, Xosé Luís Vergara, que mostrara o seu interese por algúns dos puntos incluídos na orde do día como o proxecto da TDT (Televisión Dixital Terrestre).

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Adhesión á Mancomunidade de Concellos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos