|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Declaración institucional de Terra Galega |
Terra Galega súmase á manifestación Queremos Galego e
anima aos veciños e veciñas de Galicia a acudir o domingo 18 de outubro a
Santiago para participar na mesma.
Queremos manifestar, diante das
institucións de autogoberno e como aclaración á sociedade galega, o
seguinte:
A situación do idioma galego está moi lonxe de ser igual ao do
castelán. O galego corre perigo como idioma e os galego falantes non son
debidamente respectados, correspóndelle ao pobo galego a defensa da igualdade
plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da
normalización dos seus usos.
Alertamos á sociedade galega para non se
deixar confundir e instámola a pensar sobre a verdadeira situación do galego na
nosa terra.
Para Tega, é una obriga das administración públicas a defensa
e promoción do idioma galego, como establecen a Lei de Normalización Lingüística
e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que contaron, en ambos casos,
coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia en
1983 e 2004, respectivamente.
Resulta obvio que os acordos tomados
por consenso só deben substituírse por outros igualmente tomados por consenso e,
así, Terra Galega esixe que non se adopten medidas lexislativa que supoñan a
perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usar e coñecer a lingua
galega.
Xermán Tobío
Secretario
Xeral de Terra Galega
Link: Terra Galega
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Declaración institucional de Terra Galega" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|