|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 36 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Piscina municipal |
A piscina de Cedeira retomará o luns a súa actividade habitual despois
dun ano de parón debido ás obras de mellora das instalacións. O
concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude do concello cedeirense,
Xermán Tobío, lembraba onte que os traballos se prolongaron máis do
desexado xa que "unha cousa foi traendo outra". O edil de Terra Galega
explicaba que o que nun principio ía ser só o acondicionamento do
tellado da instalación deportiva converteuse nunha obra moito maior e
máis ambiciosa.
Así, Tobío lembrou que a reparación da cuberta obrigou a iniciar outras
melloras como a restauración das caldeiras, que estaban obsoletas;
tamén se arranxaron os elementos de cloración, que segundo o edil de
Deportes estaban tamén moi vellos e en mal estado. En definitiva,
cambiouse todo o sistema de control sanitario do recinto así como as
conducións principais do servizo de abastecemento. O sistema de
filtrado tamén debeu substituírse, así como o de aspiración. En canto
ao azulexo do fondo da piscina, que tamén estaba en mal estado,
cambiouse por outro gresite novo, debido a que faltaban algunhas pezas
do mesmo.
Así mesmo, como é habitual cando se acomete unha reforma nunha
instalación deste tipo, Sanidade debe dar o visto e prace. Por iso, o
pasado mércores dous técnicos da Xunta supervisaron xunto a Xermán
Tobío a renovada instalación e onte mesmo remitiron ao Consistorio o
visto e prace á obra, de modo que se poderá abrir ao público o luns.
Usuarios
Por outra banda, despois dun ano sen usuarios, a piscina
retomará a súa actividade con maior número deles que cando pechou. Así,
segundo explicou Tobío, "pasouse de 120 usuarios dá piscina e 250 do
polideportivo a 300 e 420, respectivamente". Sen dúbida, un incremento
moi significativo, alcanzando unha cifra marca.
Talvez teña moito que ver con este éxito de convocatoria o feito de que
desde o goberno local decidísese pór prezos económicos. Así, o acceso
ao recinto dúas veces por semana -independentemente da idade- custará 6
euros ao mes e 9 se se opta por asistir tres días semanais.
Tobío considera que a mellora das instalacións, o prezo e a renovada
oferta de actividades contribuíu ao incremento de usuarios. Entre as
novidades que maior acollida están a ter atópanse as clases de Aquagym,
Aquaérobic, Saúde na auga e natación para bebés. Trátase de iniciativas
especialmente indicadas para persoas con problemas de saúde e
mobilidade.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Piscina municipal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|