AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Entra en vigor a orde que regula a pesca marítima de recreo

PHP-NukeA Consellería do Mar publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo. Nel establécense tanto condicións para o exercicio desta actividade de carácter recreativo como as modalidades de licencia e as autorizacións necesarias para a súa práctica. A citada Orde entra en vigor no día de hoxe, 25 de setembro de 2009.
O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades de licencia que habilitan para práctica da pesca marítima de recreo, de xeito que se busca unha simplificación administrativa neste procedemento. Cabe destacar que no exercicio da pesca nas áreas de desembocadura (límite inferior ata límite superior) establecidas no Decreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas da comunidade Autónoma de Galicia, poderase utilizar indistintamente as licencias de pesca marítima ou fluvial.



A nova orde establece ademais os topes máximos de captura aos que habilitan as distintas modalidades de licencia ou autorización, os útiles da pesca, as zonas nas que está prohibido o exercicio da pesca recreativa submarina e o horario da pesca marítima de recreo.

Así, en calquera modalidade de pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por licencia e día, podendo non computarse o peso dunha peza que exceda o peso do tope establecido. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido. Para o caso do polbo, o límite será de dúas pezas por pescador e día.

Para utilizar como cebo, os titulares de licencia de pesca marítima de recreo en superficie poderán capturar diariamente un total de 40 cangrexos zapateiros (Pachygrapsus marmoratus) e común (Carcinus maenas), 100 gramos de camaróns, quisquillas, quedando prohibida a captura do camarón común (Palaemon serratus) 50 poliquetos e 200 gramos de pulgas de mar.

A pesca marítima de recreo en superficie poderá realizarse durante todos os días do ano. A práctica da pesca marítima de recreo submariña estará permitida unicamente os sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. No período comprendido entre o xoves e o domingo de Semana Santa, e entre o 1 de maio e o 30 de setembro poderá ser practicada todos os días. Deste xeito amplíase en dous meses o tempo para practicar esta actividade.

A pesca marítima de recreo de superficie desde embarcación e a pesca marítima de recreo submariña, realizaranse dentro do horario diurno, comprendido entre o orto e o ocaso.

Con esta orde, queda derrogada a disposición adicional primeira e segunda da orde do 13 de decembro de 2006 pola que se desenvolve o Plan de recuperación do polbo e se ditan normas para a aprobación de plans zonais.

Link; XONLine




 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Entra en vigor a orde que regula a pesca marítima de recreo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos