NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Acordo global polo urbanismo en Galicia

PHP-NukeO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o acordo global polo urbanismo en Galicia asinado hoxe coa Fegamp “é un acordo transparente e de gran transcendencia” que “abre unha nova política urbanística” na nosa comunidade, e “é bo para Galicia, para os concellos, para a Xunta e para acadar un urbanismo áxil pero con principios”. “Creo que é bo poñernos de acordo en desenvolver de forma racional e transparente e desbloquear algunhas das situacións que non obedecían máis que a non escoitar as razóns argumentadas dos concellos por parte do Goberno galego”, considerou. Este acordo “global” supón o inicio dunha nova política urbanística en Galicia, reiterou Feijóo, que expresou o compromiso que adquiren Xunta e concellos de “dar un xiro radical” á percepción que moitos cidadáns teñen do que significa o urbanismo: “*****prir a lei, planificar e desbloquear a vida da xente, dos emprendedores; significa riqueza, e iso, é o que temos que acadar”, subliñou.

O texto proba, en palabras de Feijóo, que os concellos galegos entenden ben que a ordenación do territorio é unhas das “asignaturas troncais” para conquerir a segunda modernización de Galicia. E logralo, engadiu, “exixe que a Administración autonómica e a administración local traballen xuntos, non de costas”. Por iso, confesouse “especialmente orgulloso” de que o Goberno galego teña conseguido, en menos de cinco meses, implicar aos 315 concellos para celebrar hoxe un acordo que pon as bases de posibles e necesarios futuros pactos no que se refire á ordenación do territorio en Galicia. “Hoxe 316 gobernos –o da Xunta e os 315 concellos aos que representa a Fegamp-, poñémonos de acordo en desenvolver en Galicia un urbanismo áxil, racional e sostible, e é imprescindible estender e compartir os valores dunha cultura do territorio que incorpore os cidadáns ao territorio e non outros intereses”, dixo.

O urbanismo: un traballo en equipo

A Xunta, dixo, “é plenamente consciente” de que non pode lexislar de costas aos concellos ao seren, ambos os dous, axentes urbanizadores e corresponsables da fisionomía do territorio. Ambos, continuou, “temos que ir da man para que a ordenación do territorio sexa de calidade, para que *****pra a lei e que non estea simplemente bloqueada de forma case permanente”, considerou. “Temos que restablecer o espírito de cooperación e este éxito do acordo que hoxe asinamos é a primeira etapa dun camiño que hoxe iniciamos para tentar de acadar ese espírito de colaboración en materia de ordenación urbanística en toda a lexislatura”, vaticinou. “O urbanismo non é unha tarefa illada, senón complexa -dixo- e supón a necesidade de recoñecer o papel que as leis outorgan a cada administración, tanto autonómica como local”, puntualizou. “É un terreo de xogo compartido, que non é exclusivo dunha administración fronte a outra”, remarcou Feijóo, para destacar que o pacto subscrito hoxe busca “facer do urbanismo unha causa común, de maior calidade, con principios, transparente e que *****pra a lei”. O presidente galego expresou o seu convencemento de que “estamos ante unha aspiración colectiva de acabar a confrontación para iniciar unha nova etapa”, algo que, dixo, “non é doado” polo que require da “coordinación leal, eficaz e dun acordo institucional transparente e de gran transcendencia para Galicia”. “Hoxe non facemos máis que poñer a primeira pedra deste camiño, sen dúbida, difícil e complexo”, puntualizou. Construír de forma planificada e non difusa nin discontinua, e maior atención ao mundo rural
Indicou que os distintos usos do solo, a distribución da propiedade, a forma de asentamento da poboación, a ocupación do espazo e o tipo de construcións predominantes axudan a singularizar o país que queremos. Así, sinalou que o rápido crecemento urbano rexistrado na nosa comunidade ao longo destas últimas décadas fíxose, en moitos casos, “de forma desigual e desordenada”, probablemente pola escaseza de instrumentos de planificación ou pola falta de rigor na execución dos poucos planeamentos que existían. Segundo recoñeceu, o urbanismo e o planeamento “seguen a ser unha asignatura pendente en Galicia”. O mínimo control e a escaseza de planificación na década dos sesenta e os setenta, dixo, “levounos a cometer moitas equivocacións e, afortunadamente, cada vez máis, a regulación, a planificación e o *****primento da lei se vai abrindo paso dentro deste escenario complexo e difícil”, O presidente galego recoñeceu que “todas as forzas políticas” coincidiron en que “se facía urxente unha aproximación diferente ao urbanismo”, conscientes da extraordinaria complexidade que, non obstante, “non significa que non teñamos a obriga de intentalo”, aseverou Feijóo. O acordo subscrito hoxe, “pon as bases dun intento leal e frutífero para os próximos meses e os próximos anos” de potenciar a autonomía municipal para substituír o bloqueo pola axilidade nun contexto de “*****primento estrito da lei”, matizou. Segundo o titular da Xunta, o texto pretende garantir unha maior atención ao mundo rural. “Podemos vivir no rural se somos capaces de vertebrar o territorio a través das infraestruturas viarias e ferroviarias”, admitiu o Feijóo que destacou: “Construír o rural, sí; construír de forma planificada no rural sí; construír de forma discontinua e difusa, non”. Estes, dixo, son os principio que se prantexan na reforma da Lei do Solo. Así mesmo, o texto busca garantir un urbanismo racional, tendo en conta que unha axeitada planificación é clave para o progreso social.

Un obxectivo de país que busca a implicación de todos

Por todo iso, prantexou que é necesario un modelo “no que esteamos todos” para que o urbanismo non sexa “nin unha arma arroxadiza nin unha política estacionaria”, dixo; que se constrúa sobre a busca da cohesión social, da integración e da equidade, e que non faga da competitividade e do desenvolvemento termos antitéticos ou excluíntes, senón de cooperación e sustentabilidade. O mandatario galego dirixiuse ao presidente da Fegamp para expoñerlle que “queremos modificar a Lei do Solo” e ese acordo, puntualizou, “o temos acadado, pero ten que continuar”. Por iso, instou a seguir traballando no acordo das directrices da ordenación do territorio, no acordo “responsable” do Plan do litoral e no da modificación racional da normativa da vivenda. “Sei que son asignaturas difíciles que as suspendemos noutras ocasións, pero se abre unha etapa de aprobar estas asignaturas difíciles que os cidadáns nos mandan que acordemos”, apuntou. Por todo, “hoxe cremos que poñemos a nosa aportación inicial para planificar unha Galicia concentrada e non difusa e discontinua”. O presidente da Xunta rematou agradecendo a colaboración da Fegamp porque, segundo lembrou, en cinco meses “non era doado levar ao Parlamento un proxecto de Lei de medidas urxentes para desbloquear cuestións importantes no que ao urbanismo e á ordenación do territorio se refire”, recoñeceu. “Sen dúbida haberá que prantexar unha reforma integral de toda a lexislación do solo pero agora, no primeiro tramo desta lexislatura, acordar unha lei de medidas urxentes para desbloquear as cuestións da ordenación do territorio en Galicia que vai no camiño de facer fronte á crise económica que estamos a vivir, é o mellor dos pasos que podiamos iniciar”, concluíu. Para o texto do acordo prema aquí.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Acordo global polo urbanismo en Galicia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos