AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cetareas

PHP-NukeNon fai nin unha semana que Diario de Ferrol daba a coñecer o visto e prace do Ministerio de Medio Ambiente ao proxecto de rehabilitación da antiga cetaria de Ou Sarrical proposto pola Demarcación de Costas en Galicia. Pois ben, onte técnicos da Demarcación, de Patrimonio e do propio Concello de Cedeira entraban en contacto cunha instalación que se recuperará coa intención de facer da mesma unha referencia máis da promoción turística dun territorio que sempre viviu de face ao mar.

Como resultado desta primeira inspección, no entanto, xa se produciron os primeiros resultados, algúns deles sorprendentes. Así, desde de Patrimonio vetouse a posibilidade de intervir nos espazos que rodean a cetaria, tendo en conta que no seu día a construción da mesma invadiu un antigo castro.

A zona, de feito, é coñecida como ?Campo do castro?. Os representantes de Patrimonio tamén se mostraron partidarios de conservar, se non todo, a maior parte de arquitectura que aínda segue en pé, mesmo as columnas de formigón que, construídas ao redor dos anos 40, seguen inalterables a pesar do tempo transcorrido e do azoute das mareas. Por outra banda, aconsellaron a talla das árbores que actualmente rodean a construción, a fin de acabar coa erosión que as raíces poden estar a ocasionar no terreo.

Como no seu día xa adiantou este diario, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, ten a intención de darlle un uso público a unha construción que, aínda que deixa constancia dun pasado, tamén pode converterse no exemplo máis práctico do futuro da pesca. Neste sentido, cabe lembrar que a ría de Cedeira acolle unha das experiencias da reserva mariña.

Esta primeira toma de contacto traducirase nos próximos meses no proxecto que dará lugar a unha obra que o Ministerio de Medio Ambiente está disposto a financiar na súa totalidade. A intervención proposta, no entanto, aínda terá que ser supervisada, por segunda vez, por Patrimonio da Xunta. Por conseguinte, desde a Demarcación de Costas en Galicia non se considera probable que o desenvolvemento da intervención poida dar comezo antes do próximo ano.

Ao longo da costa de Cedeira localízase un conxunto de tres cetarias. A recuperación que o goberno cedeirense prevé facer extensible a todas elas comezará, no entanto, na que se localiza na zona de Ou Sarridal, a escasos metros dos accesos tamén construídos por Costas para mellorar a baixada á praia situada neste punto do litoral cedeirense.

Por outra banda, o rexedor municipal aproveitou a presenza dos técnicos de Costas en Cedeira para solicitar a súa opinión con respecto á posibilidade de construír un paseo fluvial entre pontes. Trataríase, segundo o alcalde, de crear unha nova infraestrutura pensada para o lecer e goce de veciños e visitantes, ademais de representar unha forma moi asumible para a recuperación ambiental dunha zona bastante degradada.

Os expertos do Ministerio, polo de súpeto, viron bastante aceptable e asumible a petición exposta onte polo primeiro edil do Concello de Cedeira.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Cetareas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos