AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Os dous bandos de TEGA, enfrontados por outro auto

PHP-NukeUn auto do Xulgado de Primeira Instancia de Santiago acaba de tomar unha decisión que o sector de Pablo Padín e Germán Tobío espera teña repercusións na candidatura de TEGA ás eleccións autonómicas, A xuíza aceptou a súa petición de suspensión cautelar dos acordos adoptados nunha reunión celebrada o pasado outubro na que se decidiu anular preventivamente a militancia de Padín, Tobío e Sandra Pouso e nomear presidente provisional a Guillermo Sánchez Fojo. Os demandantes entendían que a convocatoria desta reunión non foi legal, que non se *****prían os requisitos para proceder ao nomeamento dun novo presidente e que tampouco se deu trámite de audiencia aos militantes suspendidos. O auto atende a medida cautelar solicitada por Padín e Tobío -aínda que o fai baixo fianza de 400 euros- e contra esta decisión cabe presentar un recurso de apelación no prazo de cinco días. Consultado por este xornal, Germán Tobío entende que o auto da xuíza de Santiago desembocará en que a candidatura de Gato ás eleccións autonómicas -contra a que presentou alegacións o seu sector, que tamén se presenta, aínda que baixo a denominación de "Máis Galicia" e en coalición co Partido Galeguista- non poderá ser formalizada. Tobío apuntou que aínda que a Xunta Electoral Central recoñeceu a Gato como representante legal de TEGA, este non *****priu o acordo do Consello Político de ir aos comicios en coalición co Partido Galeguista.

A versión do sector de Gato é radicalmente oposta. Para o avogado que o representa, o auto non entra no fondo da cuestión e unicamente pode decidir se Padín e Tobío continúan sendo militantes ou non, unha cuestión que considera menor. Engade que eles mesmos se han autoexpulsado ao concorrer a unhas eleccións baixo outras siglas. O letrado insistiu en que as reunións do sector de Padín non están lexitimadas e acusouno de querer entorpecer o proceso electoral con este tipo de cuestións. Será cando se resolva a demanda principal, non antes das eleccións, cando quedará resolta a cuestión.

LInk: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Os dous bandos de TEGA, enfrontados por outro auto" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos